RGPD - Cookies

En Vigo o 15 de xuño,

Afaga Alzheimer anunciou os gañadores do VII Certame de Relatos Curtos

  • Participaron máis de 90 relatos de varias partes do mundo.

Os membros do xurado do VII Certame de relatos “Nun Recuncho da Memoria” Afaga Alzheimer emitiron o seu veredicto. Os traballos gañadores son Misterios gozosos, escrito por María Caamaño López, residente en Madrid-España, na categoría de galego e “El vendedor de recuerdos“, escrito por Claudia Alejandra Morales, residente en Buenos Aires-Argentina, na categoría de español.

Nesta ocasión o tema abordou o tema do “confinamento e superación persoal”, o alzhéimer ou outra demencia, vistas como patoloxías que illan a quen as padece e as súas relacións sociais e familiares, como a capacidade para superar as adversidades é fundamental para seguir persistindo na vida, principalmente no actual contexto social de crise sanitaria.

Dende o equipo organizador do concurso de Afaga Alzheimer estamos moi agradecidos e sorprendidos pola alta participación de diferentes historias llegadas desde Sudamérica, Europa e África, e pola alta capacidade de transmitir as emocións e a claridade na mensaxe presentada polo diferentes escritores nas máis de 90 obras recibidas.

Fai clic aquí para ler “MISTERIOS GOZOSOS 2021

Fai clic aquí para ler “EL VENDEDOR DE RECUERDOS” 2021

O Xurado estivo composto por:

Ráquel Giráldez, Xestor de calidade

Maximina Rodríguez, Psicólogo

Marina Requejo, Traballador Social

Miriam Fortes, Traballador Social

Remigio Rodríguez, Secretario da Xunta de Goberno

María Teresa Giráldez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 − = 7