Afaga organizou un ano máis o espectáculo benéfico de monólogos ‘Non te esquezas de rir’. A cita foi o domingo 26 de febreiro no Auditorio do Teatro Afundación, ás 19:00 horas.

Nesta ocasión, o mestre de cerimonias deste divertido espectáculo foi Oswaldo Digón, que estivo acompañado por Danny Boy-Rivera, Rober Adegas e Pepo Suevos.

Todos viñeron coa intención de facernos pasar unha tarde divertida, á vez que nos solidarizamos coas persoas que padecen enfermidades neurodegenerativas e cos seus familiares, posto que a recadación destinarase á posta en marcha de novos programas e obradoiros.

Un gran xesto destes profesionais que acoden á gala de forma totalmente desinteresada, coa única intención de facernos rir e apoiar ás persoas que sofren alzhéimer, ás súas familias e aos coidadores/as. E un gran xesto de Afundación que, ano tras ano, cede a sala a Afaga para poder realizar o espectáculo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 4 = 2