Este ano, coincidindo co 25 aniversario de Afaga, conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer con varias actividades. Nesta ocasión as asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer de Galicia e a nosa Federación, Fagal, queremos salientar a figura da persoa coidadora.

E por iso temos preparadas varias propostas cuxo obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a enfermidade de Alzheimer, e dar visibilidade ás persoas que a padecen e aos seus familiares e coidadores, que día a día se enfrontan a moitos retos.

Axenda de actividades:

RELATORIO

‘Demencias: todo o que debemos saber sobre elas’

Arturo Vilches Moraga

Consultant Geriatrician and Physician. Ageing and Complex Medicine (Servicio de Geriatría).

Salford Royal NHS Foundation Trust. Reino Unido.

Profesor en la Facultad de Medicina. Universidad de Manchester

Data: xoves, 19 de setembro, ás 19:30 horas

Lugar: Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, Vigo. ENTRADA LIBRE

Conferencia sobre demencias

MESAS INFORMATIVAS

  • 20 de setembro: VIGO
    Zona peonil do Calvario, fronte ó mercado
  • 16 de setembro: Chapela
    No mercado da localidade
  • 17 de setembro: O Porriño
    Na Praza do Concello
  • 18 de setembro: Tomiño
    No mercado da localidade
  • 19 de setembro: Tui
    Praza Inmaculada
  • 21 de setembro: Redondela
    No mercado da localidade

CAMPAÑA DIFUSIÓN NOS MERCADOS

O 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, os comerciantes dos postos dos mercados de Vigo levarán un mandil conmemorativo desta data.

Mercados: Progreso, As Travesas, Calvario, Teis e Bouzas

FESTIVAL SOLIDARIO ‘ O Alzheimer non se esquece’

21 de setembro

Actividades infantís. Lugar: Praza de América.

Hora de 11:00 a 13:00 h.

Festival musical.  Lugar: IES Santa Irene. Praza de América, 7. Vigo.

Hora: de 17:00 a 19:30 h.

ENTRADA LIBRE

DÍA DO COIDADOR FAMILIAR

29 de setembro

Realizaremos unha camiñada desde Valença a Tui polo Camiño Portugués.

Despois comeremos todos xuntos e realizaremos un visita cultural a Tui.

Máis información es inscricións: 986 22 97 97

Descarga aquí o tríptico informativo

Dia del cuidador

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 4 = 3