A Fundación Pasqual Maragall e AFAGA poñen en marcha grupos terapéuticos

afaga alzheimer grupos terapeuticos familiares cartel 2

En virtude dun acordo asinado coa Fundación Pasqual Maragall, AFAGA ofrecerá a partir de maio grupos terapéuticos para coidadores familiares.

Estas sesións, que se impartirán en Vigo e Porriño, teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesrias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade de Alzheimer no día a día.

Esta intervención terapéutica grupal estará dirixida por unha psicóloga, e validada cientificamente. Organizarase en grupos de 10 coidadores non profesionais, e dividirase en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana.

As sesións son gratuítas e o único compromiso que se pide é a asistencia ás mesmas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio