Despois de anos de experiencia impartindo formación especializada a profesionais do ámbito sociosanitario, AFAGA pon á túa disposición estes cursos que xa desenvolvemos con éxito:
- Acompañamento da persoa vulnerable: cognición, comportamento e emoción
- Coidar sen descoidar
- A dor: proceso e acompañamento na perda
- Intervencións non farmacolóxicas: novos retos no apoio e acompañamento das persoas
- A nova protección e apoio aos dereitos das persoas con discapacidade
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODES CONSULTAR O NOSO CATÁLOGO DE CURSOS PRESENCIAIS
*FORMACIÓN A MEDIDA
Tamén desenvolvemos cursos e obradoiros á medida para entidades e institucións sociosanitarias. Póñase en contacto connosco para obter máis información.
Formación 100% bonificable a través de FUNDAE. Posibilidade de xestión da bonificación por parte de AFAGA.