IMG_4025

Inauguración das Xornadas Profesionais.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Otras Demencias de Galicia, AFAGA, organizou un ano máis as Xornadas Profesionais que, nesta ocasión chegaron á súa duodécima edición. Profesionais relacionados coa atención sociosanitaria, investigadores e persoas do mundo da docencia déronse cita neste encontro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Acto de clausura.
As conferencias que acolleu este acto son: Trastornos do Soño, que impartiron Emilio Rodríguez e Sonia Fernández, profesionais da Unidade do Soño do Hospital Álvaro Cunqueiro; Avaliación Neuropsicolóxica Utilizando Videoxogos, que ofreceu Sonia Valladares, enxeñeira de Telecomunicacións da Universidade de Vigo; Novos Produtos de Apoio, que impartiu Rubén Serrano de Ilunión; Decisións Difíciles na Enfermidade de Alzheimer, a cargo de Águeda Rojo, Psiquiatra do Sergas; Ferramentas Non Invasivas para a Detección Precoz do Alzheimer Baseadas no Fala, o Debuxo e a Escritura, que ofreceu Miren Karmele, da Universidade Politécnica de Donostia; e Outro Enfoque no Tratamento de Persoas con Demencia: o Método Perfetti, a cargo de Eulàlia Bassas, do Centro Perfetti de Barcelona.

IMG_4028
Relatorio Trastornos do Soño.
IMG_4040
Avaliación Neuropsicolóxica Utilizando Videoxogos.
IMG_4056
Decisións Difíciles na Enfermidade de Alzheimer.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ferramentas Non Invasivas para a Detección Precoz do Alzheimer Baseadas no Fala, o Debuxo e a Escritura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOutro Enfoque no Tratamento de Persoas con Demencia: o Método Perfetti.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 58 = 65