María Alceira Ferreira Soliño cóntanos unha historia que sucedeu fai xa 50 anos no municipio de Baiona. Ela era profesora e tiña un alumno moi complicado polo seu pouco interese nos estudios. Sen embargo, ela conseguiu despertar o seu gusto polo aprendizaxe e cambiaría a vida do rapaz para sempre.
Este é o relato:
Unha historia real da vila
Gustaríame contar un feito que sucedeu fai cincuenta anos no municipio de Baiona. Daquela só existía o colexio de Cavaterreña. Eu chegeui de Montevideo donde a educación estaba a anos luz, e comecei a dar clases para obter o certificado de mariñeiro (daquela era o único no que se podía traballar na vila).
Un día veu as miñas clases un alumno moi complicado; estaba no que daquela era cuarto curso (inda que o pasaran de curso por idade, non por coñecemento), era o típico rapaz que sempre se sentaba na última fila e non facía caso o que dicía o profesor, que para el falaba en chino.
Era un rapaz orfo, que non tiña apoio de ningún tipo. Pouco a pouco fun conseguindo que se interesaxe por aprender. Cada vez ía aprendendo máis e mostrando máis interés, a súa mentalidade cambiou ata o punto de que quiso facer bacharelato. O seu obxetivo pasou a ser o de converterse en inxenieiro na escola naval. Foi o sur do país, e comezou o primerio curso alí. Cando volveu de vacacións, abrazoume e contoume o contento e agradecido que estaba. Por desgraza, inxustizas que ten a vida, foron as súas últimas vacacións….unha cruel enfermidade levouno de este mundo. Pasaron moitos anos daquel feito, nin tan sequera recordó moi ben o seu nome… pero recordó os seus ollos cando entendeu por primeira vez que podía aprender e que lle gustaba o que aprendía.