Me muevo por ti, nuevo proyecto Afaga y Empark

  • Nace un novo proxecto de colaboración entre Afaga e Empark para que a asociación dispoña de puntos de recarga para o seu coche eléctrico e unha praza de aparcadoiro.

Afaga Alzheimer iniciou este mes de xullo un proxecto de colaboración coa empresa Empark, líder no sector de aparcadoiros e movilidade en España e Portugal. “Me muevo por ti” é unha iniciativa creada para facilitar a labor de Afaga a hora de desprazarse por aldeas e municipios da provincia de Pontevedra e así ofrecer os seus servizos tanto a pacientes de alzhéimer ou outras demencias coma aos seus familiares e coidadores.

A asociación, cun forte sentido de responsabilidade social en materia de protección e o coidado do medio ambiente, ten na actualidade un coche eléctrico para levar a cabo as seus servizos de coidado e atención nos distintos puntos da provincia de Pontevedra. Con este pacto con Empark dispoñerán de puntos de recarga gratuitos e unha praza de aparcadoiro reservada para estacionar o seu vehículo.

O 5 de xullo Juan Carlos Rodríguez Bernárdez e Mari Carmen Álvarez Yrago, en representación da xunta directiva de Afaga, cerraron o acordo con Alberto Baña Neira, representante da empresa Empark.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 1 = 1