A Escola Municipal de Teatro de Vigo e AFAGA presentan ‘Chamádeme Simbad’

afaga alzheimer teatro me llamaba simbad

A Escola Municipal de Teatro de Vigo presentou o pasado luns 29 de abril a obra “Chamádeme Simbad” no Auditorio do Concello de Vigo.

Trátase da adaptación teatral da obra do mesmo título do escritor vigués Francisco Castro. Esta representación xorde dunha iniciativa presentada por AFAGA Alzhéimer á Concellería de Educación de Vigo.

A Escola Municipal de Teatro de Vigo encargouse de adaptar a novela ao teatro para, meses despois, presentala nos escenarios. Os actores son alumnos da Escola.

afaga alzheimer teatro me llamaba simbad 2
afaga alzheimer teatro me llamaba simbad 3

Varios centros de educación primaria da cidade acudiron como público a esta función.

O propósito desta actividade é difundir e sensibilizar sobre a realidade da enfermidade do Alzheimer, co fin de fomentar as relacións interxeracionais e reforzar os vínculos entre nenos e maiores no ámbito familiar.
Igual que sucede na obra, os nenos, coa súa mirada, entenden cousas que os adultos xa non comprendemos, e dan importancia ao esencial.

Esta obra, como o libro, tenta lembrar a importancia desas relacións especiais entre avós e netos. O seu obxectivo é educar en valores, no respecto aos maiores, lonxe de egoísmos, lonxe de problemas, deixando constancia de que o agarimo nas familias, rompe barreiras.

afaga alzheimer teatro me llamaba simbad 4

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio