A ‘Escola de Costas’ en Ategal

afaga alzheimer escuela espalda ategal 1

Vanesa López, fisioterapeuta de AFAGA, impartiu o taller ‘Escola de Costas’ en Ategal, Aulas Senior de Galicia.

Nesta formación participaron uns 20 alumnos e alumnas maiores de 50 anos que asisten ás Aulas Senior.

O obxectivo deste taller teórico-práctico é que as persoas que participan nel poidan desenvolver habilidades para previr lesións de costas, así como para fortalecela, minimizando significativamente o dano instaurado.

afaga alzheimer escuela espalda ategal 2

Esta experta ensinou unhas nocións teóricas sobre hixiene postural e os principais mecanismos de lesión existentes. Ademais, realizou unha parte práctica na que fixeron estiramentos das principais cadeas musculares e músculos específicos habitualmente acurtados, así como exercicio terapéutico, técnicas respiratorias e de fortalecemento muscular.

afaga alzheimer escuela espalda ategal 3

López Miguens destaca que “en torno ao 90% das persoas maiores de 65 anos padece dor de costas. No mellor dos casos pode consistir nunha pequena molestia, pero é moi habitual atopar dor, déficit de mobilidade e incapacidade funcional, que repercute na súa autonomía, chegando a xerar dependencia mesmo en actividades básicas, como poden ser camiñar ou vestirse“.

De feito -matiza- o problema de costas máis habituais a partir dos 60 anos é a dor, derivado da cronificación de lesións, a fraxilidade, osteoporose, e enfermidades reumáticas, potenciadas polo sedentarismo, a inactividade física e o non recibir un tratamento adecuado”.

afaga alzheimer escuela espalda ategal 4

Por iso, a nosa experta recomenda tratamentos específicos que, en cada caso, “dependerán da lesión, enfermidade, e historia clínica de cada persoa e sempre executados por persoal sanitario cualificado”.

Por último, segundo Vanesa López, estes problemas “pódense contrarrestar coa ‘Escola de Costas’ pois o exercicio terapéutico que se realiza é adaptado, e as destrezas que se adquiren son aplicables no día a día chegando a ser unha filosofía cuxos alicerces fundamentais son a actividade e o movemento”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio