Vialia e Afaga únense para a sensibilización do Alzheimer

exposicion tecendo rede tecendo recordos afaga y vialia 1024x578
  • Vialia e Afaga inician un proxecto de colaboración para sensibilizar á sociedade sobre o alzheimer coa exposición “Tecendo rede, tecendo recordos”.

O centro comercial Vialia e a asociación Afaga Alzheimer traen a Vigo a exposición “Tecendo rede, tecendo recordos”. Promovida tamén pola Federación Alzheimer Galicia (Fagal), esta exposición foise levando a cabo en distintas cidades galegas. O seu obxetivo principal é mostrar o traballo realizado polas Afas e a súa dedicación á hora de acompañar e apoiar ás persoas con demencia e o seu entorno. A exposición estará en Vialia do 07 ao 12 de outubro.

Outra iniciativa que se leva a cabo no centro comercial por ambas entidades é unha campaña de sensibilización a través das pantallas dixitais. Con esta peza audiovisual non só transmitirase a importancia da detección precoz das demencias. Tamén mostrarase a labor de Afaga Alzheimer como asociación para a mellora de calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias.

Estos son os primeiros pasos que dan inicio a un proxecto de colaboración de larga duración entre Vialia e Afaga. O obxetivo principal do mesmo é dar visibilidade as persoas con demencia, aos coidadores e as súas familias para sensibilizar á sociedade. Ademáis de demostrar todo o seu apoio a esta causa que, moitas veces, acaba sendo invisible ante os ollos da poboación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio