Se inicia o programa “Conociendo las emociones” dirixido a persoas maiores

conociendo las emociones recortada
  • Afundación, en colaboración con Matía Instituto, puxo en marcha o programa “Conociendo las emociones” para mellorar o benestar emocional das persoas maiores. AFAGA Alzheimer colabora nesta edición xunto a outras asociacións de Alzheimer en Galicia para conducir os obradoiros.

O desenvolvemento do innovador programa “Conociendo las emociones” é froito da colaboración que veñen desenvolvendo Afundación e Matía Instituto dende o ano 2017 para xerar recursos que contribúan ao coñecemento e benestar emocional das persoas a medida que se envellece.

Durante os últimos anos, o paradigma do envellecemento activo viuse reflexado na creación de multitude de programas e actividades para fomentalo. A maioría están encadradas no ámbito do aprendizaxe continuo, a actividade física ou a realización de viaxes e excursións, con notables beneficios para as persoas que o realizan. Sen embargo, como sinalan dende Afundación, outras dimensións do envellecemento activo adoitan quedar sen un espazo propio nestos programas, como a área afectiva ou emocional.

A edición deste ano será presencial e contará coa colaboración de diversas asociacións de Alzheimer en Galicia, entre elas AFAGA Alzheimer. A presentación do programa en Vigo realizouse o xoves 3 de febreiro no Espazo +60 na súa sede na ciudade. O programa durará do 09 de febreiro ao 04 de maio.

Para máis información poden consultar o seguinte enlace.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio