Ponteareas renova o seu convenio con AFAGA para atender a persoas con demencia neurodexenerativa

renovacion convenio ponteareas 2021 1024x683
  • A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Férnandez Davila, asinou un convenio que financia o programa cunha achega de 6.000 euros.

O Concello de Ponteareas renovou o xoves 18 de novembro o seu convenio con Afaga Alzheimer para atender ás personas con demencia neurodexenerativa. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, firmou o acordo nunha reunión co presidente da asociación, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

O programa financiarase cunha achega de 6.000 euros por parte do Concello. Esta permitirá a Afaga atender ata un máximo simultáneo de dez persoas usuarias. A rexidora destaca que este é o segundo ano consecutivo no que asinan o convenio “para que as persoas maiores con demencia neurodexenerativa poidan desfrutar da mellor atención para mellorar a súa calidade de vida”.

O convenio inclúe tamén unha serie de obradoiros que teñen como obxetivos específicos:

  • Manter as capacidades mentais e funcionais o maior tempo posible.
  • Evitar a desconexión e fortalecer as relacións sociais.
  • Facilitar o descanso ós cuidadores e as súas familias.
  • Mellorar o seu estado emocional.

Estas actividades se desenvolveranse no Centro Asprodico do Concello de Ponteareas na rúa Canedo.

A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, “quere agradecer a Afaga o seu traballo pola saúde dos e das maiores” e lembra que no Concello “sempre camiñaremos da mano das asociacións que traballan para mellorar o benestar da veciñanza”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio