Charlas formativas para Marzo 2022

  • O 22 e 30 de marzo se realizarán charlas formativas en Vigo dirixidas a persoas coidadoras e familiares.

O 22 de marzo (martes) se realizará a charla “Vida activa: estimulación día a día”. Será as 17:00 horas no Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior). 

Abarcará estratexias de fomento da autonomía e retardo de dependencia. A ponente será Cristina Esmerode Iglesias (Terapeuta ocupacional en AFAGA Alzheimer).

Esta charla terá un custo solidario para os socios de 5€ e de 10€ para persoas non socias.

charla formativa 22 de marzo 1024x1024

O 30 de marzo (mércores) se impartirá a charla “Recursos de apoio para acompañar a unha persoa con demencia”. Será as 17:00 horas no Centro Integral de Atención as Demencias (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).

Nesta se explicarán os recursos que existen a disposición das persoas dependentes e as súas familias. Ademáis, de explicar en qué consisten os tratamentos non farmacolóxicos e de apoio.

A ponente será Marina Requejo Román (Traballadora Social en AFAGA Alzheimer).

Esta charla tamén terá un custo de 5€ para os socios e de 10€ para persoas non socias.

charla formativa 30 de marzo 1 1024x1024

Para asistir a estas charlas é OBRIGATORIO inscribirse con anterioridade. Poden facelo chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.

A continuación deixamos de novo o cartel con todas as nosas actividades programadas ata o momento.

actividades socioeducativas y terapeuticas para familias 202122 gallego actualizado 1024x724

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio