Convivir cun enfermo de alzhéimer

afaga alzheimer convivir enfermo alzheimer

Na vida hai moitos acontecementos que trastornan toda a nosa existencia futura. Un deles e que ninguén espera, é que che comuniquen que unha persoa próxima e significativa para ti ten alzhéimer, unha demencia.

Enfermidade orgánica, dexenerativa e progresiva que afecta ás capacidades intelectuais superiores (memoria, razoamento, linguaxe…) e que fai que o enfermo pase a depender, progresivamente, dos demais para o desenvolvemento das súas actividades da vida diaria.

Convivir cun enfermo de alzhéimer

 

Na vida hai moitos acontecementos que trastocan toda a nosa existencia futura. Un deles, que ninguén espera, é que te comuniquen que unha persoa cercana e significativa para ti ten Alzheimer, unha demencia.

Enfermidade orgánica, degenerativa e progresiva que afecta ás capacidades intelectuais superiores (memoria, razoamento, linguaxe,…) e que fai que o enfermo pase a depender, progresivamente, dos demais para o desenvolvemento das súas actividades da vida diaria.

Dende ese momento suceden un maremágn de sentimentos (incerteza, medo, negación, etcétera). Dúbidas e situacións que, se non se enfrontan e asumen como producidas pola enfermidade, poden desestabilizar perpetuamente o sistema familiar, a vida do coidador principal, e provocar o chamado “síndrome do coidador” (desgaste físico e psíquico).

Cando nos facemos cargo do coidado do noso enfermo, non nos paramos a pensar nos cambios a curto, medio e longo prazo que se van producir na nosa vida e no noso contorno.

Os cambios que pode comportar son:

• Cambios nas relacións familiares (asumir novas tarefas, conflitos,…)

• Cambios no traballo e na situación económica (absentismo, abandono, aumento dos gastos,…)

• Cambios no tempo de lecer (diminución do tempo dedicado ao lecer, á familia, aos amigos,… A UN MESMO)

• Cambios na saúde (fadiga, alteracións do sono,…)

• Cambios no estado de ánimo (medo, culpabilidade, preocupación, tristeza, ansiedade,…)

Hai familias que, ante unha situación problemática, como pode ser a enfermidade dun ser querido, únese, pero tamén pode acontecer que se rompa a unidade familiar. Na enfermidade de Alzheimer, o enfermo necesita supervisión (nun primeiro momento) e posteriormente vai necesitando axuda as 24 horas do día. Por iso, hai que prepararse, unirse, traballar en equipo toda a familia para que o enfermo e toda a familia, sobre todo o coidador principal, teñan calidade de vida e non teñan que abandonar ou, polo menos, sexan poucos os cambios nos seus proxectos de vida.

Cando se asume o papel do coidador principal, por imposición ou por elección, non se sabe a maior parte das veces (nin na teoría) o que lle vai suceder a ese ser querido que padece unha demencia; porque non se coñece realmente a enfermidade, porque cada persoa é individual, e o enfermo é unha persoa, porque a evolución é variable, e a sintomatoloxía manifestase de maneira diferente en cada un deles.

Hai que ser consciente de que, para que o coidado do enfermo en calquera das súas fases sexa eficaz, o coidador principal ten que manifestar unha boa saúde física e mental, previndo o anteriormente citado “síndrome do coidador”.

Para iso, é moi importante a información e formación en todos os aspectos que repercuten esta enfermidade, así como pedir axuda cando se necesita, apoio psicolóxico, social e familiar para o coidado do enfermo, para que el poida descansar e tamén realizar actividades fóra do entorno da enfermidade.

Hai que aprender a coidarse, dándose conta de que é necesario dedicarse tempo a un mesmo, de que hai que poñer límites ao coidado, pensando no futuro. E, como non, coidar da propia saúde, facendo exercicio físico ou algunha actividade relaxante, aprendendo a relaxarse para evitar ou minimizar as reaccións catastróficas ante momentos críticos.

E, sobre todo, aprender a pedir axuda, tanto á familia e amigos (que participen no coidado do enfermo ou no apoio emocional ao coidador), como ás institucións públicas e organizacións e asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer; onde se ofrece información, asesoramento e apoio aos coidadores, e onde se pode participar en algo tan interesante e beneficioso para o coidador como os Grupos de Axuda Mutua, onde nun espazo íntimo e confidencial comparten con outros coidadores de enfermos de Alzheimer experiencias persoais, sentimentos, e é un espazo de aprendizaxe e desafogo emocional.

Non hai que sentirse culpable por deixar un baleiro, un tempo no coidado do noso ser querido e dedicarse a un mesmo e aos demais membros da familia; o coidado será con moito máis cariño e sosiego, prevendo os momentos de nerviosismo e fatalismo; que repercuten directamente na calidade de vida do enfermo, do coidador e da familia.

Primordial para facer fronte ao noso inimigo (o Alzheimer) é saber de quen se trata. Por iso desde aquí queremos ofrecervos a información básica para saber que lle pasa ao voso ser querido, comprendelo e tratar de levalo o mellor posible, con moito amor, dignidade e naturalidade.

 

Maximina Rodríguez Fernández

Psicóloga e Experta en Psicoxeriatría

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio