AFAGA convoca el V Concurso de Relatos Cortos

cartel concurso de relatos curtos gall

Un año más, AFAGA presenta el certamen de relatos cortos sobre alzhéimer y otras demencias ‘En un Rincón de la Memoria’ que, en esta ocasión llega a la quinta edición.

El concurso se dirige a cuidadores, familiares y, en general, a todas las personas sensibilizadas con esta dolencia o que les guste escribir y encuentren en el envejecimiento o las enfermedades neurodegenerativas su fuente de inspiración.

En esta ocasión, hay una novedad en la temática, que tratará sobre el envejecimiento, la enfermedad de Alzheimer u otras demencias, o las relaciones sociales de la persona enferma con los cuidadores familiares.

Los relatos pueden estar escritos en lengua castellana o en lengua gallega, hay un premio para cada convocatoria.

El plazo de presentación de los relatos finalizará el 8 de abril de 2019.

La extensión será, como mínimo, de un folio y medio y como máximo, de tres.

El premio consiste en una tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch o un eBook (el ganador/a escogerá una de las tres opciones).

BASES  V CONCURSO DE RELATO CURTO
‘Nun Recuncho da Memoria’


PARTICIPANTES, AUTORÍA E ORIXINALIDADE DAS OBRAS

Poderán participar neste concurso todos os escritores maiores de 16 anos, independentemente da súa nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou en galego.

A presentación dun relato ao concurso implica necesariamente a aceptación íntegra e incondicional das bases descritas no presente documento.

Asimismo, os participantes garanten:

  • A autoría e a orixinalidade da obra presentada, así como que esta non é unha copia, nin unha modificación total ou parcial de ningunha outra obra propia ou allea.
  • O carácter inédito da obra presentada e da titularidade exclusiva da mesma.
  • Que a obra non estea sometida a ningún outro concurso pendente de resolución.


TEMÁTICA DA OBRA

A temática abordará o tema do envellecemento, a enfermidade do Alzheimer ou outras demencias, ou as relacións sociais da persoa enferma cos coidadores familiares.


CATEGORÍAS

Establécense dúas categorías, cada unha delas premiará a mellor obra escrita nos dous idiomas admitidos, castelán e galego, non podendo concorrer unha obra ás dúas categorías por medio do seu envío en ambos idiomas.


PRESENTACIÓN DE OBRAS AO CONCURSO

A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas (1000 palabras) e dun mínimo dunha folla e media (500 palabras), a unha cara en tamaño DIN A-4, en letra Arial, tamaño 12 e interliñado de 1,5 liñas. Ademais, levará unha portada onde aparecerá o título da obra e o pseudónimo do autor ou autora, se o houbese, non é indispensable. Este documento levará por nome o título do relato.

Ademais, nun documento anexo, porase de novo o título da obra, o pseudónimo do autor, no caso de haber, e o nome e apelidos, así como a súa dirección completa, número de teléfono e copia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte (pode ser unha imaxe escaneada ou fotocopia). Este documento levará por nome o título do relato seguido da palabra «datos».

As obras presentaranse de forma dixital (online).

Só se pode presentar un traballo por autor.

Os traballos, nas condicións anteriormente establecidas (aqueles que non cumpran todos os requisitos quedarán fóra de concurso), poderán enviarse por correo electrónico a comunicacion@afaga.com ata o 8 de abril de 2019.


XURADO E VOTACIÓN

O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá as facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, así como interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

O fallo darase a coñecer o 10 de maio de 2019 a través dos distintos medios de comunicación de AFAGA: Web, Facebook, Twitter, Instagram e o Blog O Recuncho do Coidador.


PREMIO

Premiarase o mellor relato de cada unha das categorías, consistindo o premio nunha tablet, un Smartwatch ou un eBook (o gañador escollerá unha das tres opcións) para cada unha das categorías.

A entrega dos premios realizarase nun prazo de 20 días, unha vez emitido o fallo do xurado.

Os nomes dos gañadores/as, así como os finalistas, publicaranse no Blog ‘O Recuncho do Coidador’, na web de AFAGA, www.afaga.com, en Facebook, Twitter e Instagram.


CESIÓN DE DEREITOS E PUBLICACIÓN DAS OBRAS

AFAGA disporá de todas as obras presentadas para a súa publicación na forma e maneira que crea oportuno, salvo comunicación previa, expresa, fehaciente e por escrito en contrario por parte dos escritores participantes.

No momento en que unha determinada obra sexa seleccionada para a súa publicación, identificarase ao autor ou autora desta, salvo que este tivese designado un seudónimo co obxectivo de preservar o seu anonimato.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio