Volve a coral “Los Sonidos de la Memoria”

coral sonidos de la memoria
  • A coral “Los Sonidos de la Memoria” retoma os ensaios que interrompeu a pandemia no 2020.

A coral “Os Sons da Memoria” tivo o seu primeiro ensaio o xoves 14 de outubro. Despois dun parón de 19 meses pola pandemia do COVID-19, retómase esta actividade terapéutica dirixida aos usuarios de Afaga Alzheimer e as súas familias.

Os ensaios realizaranse todos os xoves de 12:00 a 13:00 no Real Club Náutico de Vigo. Eso sí, manteranse as medidas de prevención: certificado de vacunación (elemento IMPRESCINDIBLE para poder inscribirse), toma da temperatura á entrada, hixiene de mans, ventilación na sala, uso de mascarilla, etc. Ademáis, cada persoa usuaria participante debe ir acompañada por un familiar o persoa responsable.

A coral naceu en marzo do 2019 como unha iniciativa de colaboración entre Afaga Alzheimer e a Fundación Coral Casablanca. Os obxetivos que se perseguen con este proxecto son: promover a socialización e inclusión das persoas con demencia, realizar unha estimulación cognitiva a través da música e evocar recordos a través da reminiscencia.

As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a t.ocupacional@afaga.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio