VI edición do concurso de relatos curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’

afaga alzhéimer convocatoria vi concurso de relatos cortos En un rincón de la memoria

Un ano máis, AFAGA presenta o certame de relatos curtos sobre alzhéimer e outras demencias ‘Nun Recuncho da Memoria’ que, nesta ocasión chega á sexta  edición.

O concurso diríxese a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades  neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Debido a  a especial situación na que nos atopamos, nesta ocasión, a temática abordará o tema do envellecemento e o illamento; a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, como patoloxías que illan a quen as padece; ou as relacións sociais e familiares na crise actual que estamos a vivir.

Os relatos poden estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, hai un premio para cada convocatoria.

O prazo de presentación dos relatos finalizará o 15 de maio de 2020.

A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.

O premio consiste nunha  tablet  Samsung  Galaxy, un  Smartwatch ou un  eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).

Estas son as bases do certame:

BASES  VI CONCURSO DE RELATO CURTO
‘Nun Recuncho da Memoria’

1.ª
PARTICIPANTES, AUTORÍA E ORIXINALIDADE DAS OBRAS

Poderán participar neste concurso todos/as os/as escritores/as maiores de 16 anos, con independencia da súa nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou galego.

A presentación dun relato neste concurso implica, necesariamente, a aceptación íntegra e incondicional das bases descritas no presente documento.

Así mesmo, os/as participantes garanten:

● A autoría e a orixinalidade da obra presentada, así como que non se trata dunha copia nin dunha modificación total ou parcial de ningunha outra obra, xa sexa propia ou allea.

● O carácter inédito da obra presentada e da titularidade exclusiva da mesma.

● Que a obra non se atope suxeita a ningún outro concurso pendente de resolución.

2.ª
TEMÁTICA DA OBRA

Nesta ocasión, e debido á especial situación na que nos atopamos, a temática abordará o tema do envellecemento e o illamento; a enfermidade de Alzheimer e outras demencias, como, por exemplo, patoloxías que illan ás persoas que as padecen; ou as relacións sociais e familiares durante a actual crise que nos toca vivir.

3.ª
CATEGORÍAS

Establécense dúas categorías; cada unha delas premiará a mellor obra escrita nun dos dous idiomas admitidos, castelán ou galego. Unha mesma obra non poderá concorrer en ambas categorías por medio da súa presentación en ambos idiomas.

4.ª
PRESENTACIÓN DE OBRAS AO CONCURSO

A extensións dos orixinais será dun máximo de tres folios (1000 palabras) e dun mínimo dun folio e medio (500 palabras), a unha cara, en tamaño DIN A-4; o texto deberá estar escrito en letra Arial,
tamaño 12, cun espazo interlineal de 1,5. Ademais, deberá incluír unha portada onde aparecerá o título da obra e o pseudónimo do autor ou autora, se o tivese (non é indispensable). Este documento levará por nome o título do relato.

Do mesmo modo, nun documento anexo, anotarase, de novo, o título da obra, o pseudónimo do autor ou autora (en caso de que o tivera) e o seu nome e apelidos, así como a súa dirección completa, o seu número de teléfono e unha copia do seu Documento Nacional de Identidade (DNI) ou pasaporte (pode ser unha imaxe escaneada ou unha fotocopia). Este documento levará por nome o título do relato seguido da palabra “datos”.

As obras presentaranse de forma dixital (online). Só pode presentarse un traballo por autor/a.
Os traballos, nas condicións establecidas previamente, poderán enviarse por correo electrónico a
comunicacion@afaga.com ata o 15 de maio de 2020. Aquelas obras que non cumpran todos os
requisitos quedarán automaticamente fóra do concurso.

5.ª

XURADO E VOTACIÓN

O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse a resolución, terá as facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio e emitir a resolución, así como interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

A resolución darase a coñecer o 15 de xuño de 2020 a través dos distintos medios de comunicación de AFAGA: a súa páxina web, Facebook, Twitter, Instagram e o blog ‘O Recuncho do Coidador’.

6.ª
PREMIO

Premiarase ao mellor relato de cada una das categorías. O premio consistirá nunha tableta, un Smartwatch ou un eBook para cada unha das categorías (o/a gañador/a escollerá unha das tres opcións).

A entrega do premio realizarase nun prazo de 20 días, unha vez emitida a resolución.

Os nomes dos/as gañadores/as, así coma os dos/as finalistas, publicaranse no blog ‘O Recuncho do Coidador’, na páxina web de AFAGA (www.afaga.com) e nos respectivos perfís da asociación en Facebook, Twitter e Instagram.

7.ª
CESIÓN DE DEREITOS E PUBLICACIÓN DAS OBRAS

AFAGA disporá de todas as obras presentadas para a súa publicación na forma e do modo que considere oportuno, salvo comunicación previa, expresa, fidedigna e por escrito do contrario por parte dos/as escritores/as participantes.

No momento en que unha determinada obra sexa seleccionada para a súa publicación, identificarase ao autor ou autora da mesma, salvo que fose designado un pseudónimo, para así poder preservar o seu anonimato.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio