Reclámase o desenvolvemento dunha rede de recursos terapéuticos especializados para persoas cunha demencia neurodexenerativa levados a cabo con profesionais especializados

14 10 50 58.admin .publicacion twitter 1
  • A Federación Alzhéimer Galicia xunto cos colexios profesionais de educación social (CEESG), Fisioterapeutas (COFIGA), psicoloxía (COPG), terapia ocupacional (COTOGA) e traballo social (COTSG) manifestan a súa preocupación pola falta de recursos terapéuticos desenvolvidos por equipos de profesionais especializados na atención ás demencias neurodexenerativas

Os avances sociais e sanitarios producidos na sociedade galega durante as últimas décadas veñen de transformar o perfil e as necesidades das persoas maiores da nosa comunidade, que precisan novos xeitos de intervención.

A importancia dun envellecemento activo e saudable que sirva para previr e detectar de xeito precoz as demencias neurodexenerativas ten que transformarse nun piar dos servizos de atención sociosanitaria en Galicia e atender esta realidade en todo o proceso que vai dende a prevención ata a intervención terapéutica.

Neste sentido as Casas do Maior son unha ferramenta de apoio comunitaria das persoas maiores, sobre todo na loita contra a soidade non desexada, pero carecen de carácter terapéutico e non garanten unha atención integral e interdisciplinar.

Así mesmo, ante a alta prevalencia das demencias neurodexenerativas en persoas maiores e a intensa campaña que se está a realizar a favor do envellecemento activo e detección precoz, urxe o desenvolvemento de recursos especializados de atención a persoas con deterioro cognitivo leve en todo o territorio rural de Galicia.

É preciso achegar os recursos de promoción e prevención, que están dentro da carteira de servizos de atención a dependencia, ao contorno rural, establecendo puntos de atención ós cidadáns nos distintos concellos de Galicia

Estes recursos ofrecen, mediante a intervención de profesionais especializados en atención ás demencias, unha serie de servizos para ás persoas afectadas e as súas familias, ademais de enriquecer contorno social onde leven a cabo e axudar a fixar poboación.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio