Alzheimer

Afaga alzheimer imagen cerebro con alzheimer

Enfermidade neurodexenerativa caracterizada clínicamente polo deterioro progresivo de múltiples funcións cognitivas e neuropatolóxicamente pola presenza de ovillos neurofibrilares e placas seniles hipocampo-neocorticales. É a causa máis frecuente de todas as demencias.

Alteracións cognitivas que se dan na evolución da enfermidade de Alzheimer

Amnesia/Alteración da memoria

Nas primeiras fases da deterioración cognitiva, as persoas con enfermidade de Alzheimer, non recordan cousas sucedidas recentemente, mesmo cousas de fai minutos (pertencentes a memoria recente) e, sen embargo, recordan claramente cousas do pasado (ou manteñen os coñecementos aprendidos fai tempo).

Afasia/Alteración da linguaxe

Sea pola desconexión das redes neuronais que permiten un normal acceso ao léxico, ou ben pola destrución neuronal en áreas directamente implicadas na linguaxe, danse, primeiro, e de forma cada vez máis frecuente, problemas para evocar a palabra adecuada nas conversas (anomia). A medida que este problema vaise agravando, o discurso vólvese cada vez máis baleiro de contido, ao que se lle suman problemas na comprensión, tanto polo efecto do mal funcionamento da memoria inmediata, que impide reter a información dita un momento antes, pero necesaria para comprender o discurso da outra persoa, como pola propia alteración da complexidade da función linguística.

Disexecución/Alteración das funcións executivas

As funcións executivas son aquelas que compoñen o funcionamento ordenado e efectivo do resto das funcións cognitivas. Tal como expón Elkhonon Goldberg, interveñen coma un director de orquestra, facendo que os distintos procesos cognitivos interveñan de forma axeitada na medida en que son requeridos para a correcta execución dunha actividade. Isto fai que aparezan problemas de planificación (dunha reunión familiar, da organización do día, dunha viaxe…), do razoamento lóxico, da comprensión de sentidos figurados, ironía…

Agnosia/Alteración do recoñecemento

A agnosia defínese coma una alteración do recoñecemento das cousas en ausencia dunha alteración na percepción. Dependendo da vía perceptiva de entrada da información, distínguense varios tipos de agnosia: visual, auditiva, táctil, olfativa ou gustativa.

Unha forma particular de este tipo de trastornos é a anosognosia “ausencia de recoñecemento da enfermidade”. Ten que ver máis coas funcións executivas integradoras e a autopercepción (máis relacionadas coas funcións executivas) e é algo que, máis cedo ou máis tarde, faise evidente nas persoas con enfermidade de Alzheimer, cando mostran non ser conscientes ou non atribuir a importancia que sería esperable aos seus problemas cognitivos.

Apraxia/Alteración da execución motora

Trastorno da execución efectiva de actos motores, voluntarios e ben aprendidos, cunha finalidade ou intención, en ausencia de alteracións físicas que impidan ou dificulten o movemento. Accións coma empregar adecuadamente os cubertos, ferramentas, abrochar botóns, atar cordóns, debuxar, facer xestos comunicativos coas mans… atoparíanse entre os exemplos de actividades cotiás que requiren dunha adecuada capacidade práxica.

Alteracións das función visoespaciais

As funcións visoespaciais permítennos identificar e localizar no espazo estímulos visuais.  A súa alteración pódese manifestar en forma de dificultade para orientarse no espazo, dificultade para recoñecer e localizar obxetos no espazo, ou erros ao calcular distancias que poden ocasionar caídas, ou accidentes ao conducir vehículos.

Sintomatoloxía psicolóxica e conductual que pode aparecer na enfermidade de Alzheimer

Depresión

A depresión pódese facer evidente tanto polos síntomas como o pranto, a tristeza ou desesperanza, como pola pérdida de apetito, disminución acusada de peso ou insomnio.

Apatía

Pérdida acusada de motivación e iniciativa para a realización de actividades. Aínda que, en sí mesma, é un síntoma habitual da depresión, nas demencias pode aparecer (e frecuentemente é así) de forma independente. As veces, prodúcese una marcada introversión e tendencia ao illamento en consecuencia da confusión que o enfermo experimenta ante determinadas situacións, o que ó leva a apartarse e non mostrar interese.  É frecuente que a apatía apareza ao inicio do proceso sintomático e perdure, inda que pode fluctuar, ao longo das distintas fases.

Ansiedade

Este rasgo é a expresión dun medo anticipatorio a experimentar situacións desagradables, algún dano ou algunha desgraza. A especial dificultade que teñen as persoas con demencia de prever o que sucederá nun futuro, inda que sexa inmediato, deriva a miudo en manifestacións de ansiedade.

Actitudes disruptivas

Aquelas actividades que o enfermo pode facer sen ningún obxetivo aparente, ou como mostra da incapacidade para regular os seus impulsos; hiperactividade motora (vaciar caixóns ou armarios, cambiar cousas de sitio, realizar unha mesma actividade repetitivamente…), desinhibición (condutas inapropiadas, desinhibición sexual) ou agresividade (verbal ou física).

Reaccións catastróficas

Reaccións aparentemente desproporcionadas en relación co estímulo que supostamente as provocou, que soe ser unha situación frustrante. Son consecuencia da dificultade de control e xestión dos estímulos e as situacións. Así, pode reaccionar berrando ou chorando ante certos ruidos, ante o desorden, ao atoparse rodeado de moita xente… Ou enfadarse moito cando se atopa en presenza de demandas que exceden as súas capacidades.

Delirios e alucinacións

Interpretacións erróneas da realidade ou crenzas falsas, que sosteñen a pesar da evidencia e, polo tanto, son difícilmente tratables. A presenza de delirios, a miúdo, conleva una actitude de desconfianza hacia as persoas do seu entorno. Poden estar convencidas de que a súa comida está envelenada, pensar que alguén lles rouba cando non atopan as súas cousas, ou crer que o seu coidador ou calquer familiar próximo está conspirando na súa contra.

Alteracións da vixilia e sono

A progresión do envellecemento, en sí mesma, conleva cambios nos patróns de sono, sendo máis frecuentes os despertares durante a noite e a madrugada, o cal, a miúdo, conleva somnolencia diurna e necesidade de facer algunha sesta. Este patrón sóese acusar aínda máis nas persoas con enfermidade de Alzheimer. Ademáis, se se erguen ao longo da noite, pode ser que, por desorientación, executen actividades impropias de esa hora: coma vestirse, tratar de saír a rúa ou poñerse a comer.

afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio