Novo centro de atención á demencia de AFAGA Alzhéimer en Salceda de Caselas

visita centro salceda
O presidente de AFAGA Alzhéimer Juan Carlos Rodríguez, percorrendo as instalacións do novo centro xunto coa alcaldesa Loli Castiñeira e a concelleira de benestar social Gela Ledo.
  • O obxectivo do centro é desenvolver unha ampla estrutura de actividades e ofrecer servizos a todos os usuarios diagnosticados con algún tipo de demencia neurodexenerativa.

No novo centro terapéutico AFAGA Alzhéimer situado en Salceda de Caselas, Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzhéimer, recibiu a visita da alcaldesa Loli Castiñeira e da concelleira de benestar social, Gela Ledo.

Despois dun percorrido polas novas instalacións, financiadas polo concello de Salceda de Caselas e a deputación de Pontevedra que está situadas no antigo colexio Vendanova, Juan Carlos Rodríguez explicou os obradoiros dirixidos a toda a veciñanza e usuarios con diagnóstico de alzhéimer ou outro tipo de demencia neurodexenerativa e tamén para os seus coidadores familiares, que se levarán a cabo alí.

O obxectivo é desenvolver unha ampla estrutura de actividades, ofrecer servizos de información, formación, asesoramento xurídico, asistencia social, apoio psicolóxico e terapéutico, dixo o presidente de AFAGA Alzhéimer, que destacou os obradoiros de prevención ó deterioro cognitivo “Cultiva a Mente” que se impartirán a partir do 1 de marzo de 2021.

O novo centro terapéutico AFAGA Alzhéimer Salceda de Caselas conta con magníficas instalacións. No seu gran patio exterior hai unha zona de horta e dous espazos cubertos para gardar o material e realizar actividades; No seu interior ten calefacción, internet e un sitio suficientemente axeitado para realizar actividades coa máxima seguridade contra o Covid-19.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias en Galicia, con máis de vinte e cinco anos de vida, atende hoxe a máis de 750 socios, dos cales o 75% son mulleres, que se encargan dos seus achegados con e sen diagnóstico de calquera tipo de demencia, ten unha ampla gama de servizos en máis de 11 puntos distribuídos na zona sur da provincia de Pontevedra.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio