Celia, unha aplicación para evaluar e estimular ás persoas con demencia

img 9080
  • Afaga Alzheimer e a Universidade de vigo colaboran na creación dunha aplicación para evaluar e estimular ás persoas con demencia.

Celia é unha intelixencia conversacional creada a través do proxecto “En compañía”, nado da colaboración entre Afaga Alzheimer e a Universidade de Vigo. O funcionamiento desta aplicación é moi sinxelo. Celia presenta ao usuario unha noticia de actualidade e despois de lerlla le realizará unha serie de preguntas sobre a mesma. Con esta metodoloxía avaliarase e estimulará ao usuario co obxetivo de retrasar o avance do deterioro cognitivo.

O 9 de novembro (martes) presentouse a Celia ao público por primeira vez no edificio Redeiras, nova sede da Universidade de Vigo. Durante a mesma Marina Requejo Roman, coordinadora de servizos de atención a domicilio en Afaga, confirmou que cedo se empezarán a realizar probas de testeo. Para iso, seleccionouse unha mostra de 30 usuarios de Afaga de Vigo e Baiona.

afaga alzheimer proyecto celia 1

No acto participaron Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer; Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; e Susan Santos, representante de Fundación La Caixa, financiadora do proxecto. O reitor destacóu que este proxecto é “moi importante para conseguir unha mellor calidade de vida dos nosos maiores con demencia”. Pola súa parte, Juan Carlos Rodríguez tamén recalcou a necesidade de crear ferramentas que den apoio aos servizos a domicilio. Xa que, como él mesmo explicou, “moitas persoas con demencia sufriron a raíz da pandemia” e proxectos como este deben dar unha resposta aos retos que virán próximamente.

afaga alzheimer proyecto celia 2

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio