AFAGA Alzheimer obtén de novo o Selo Dona con Confianza

afaga alzheimer renueva el sello dona con confianza
  • A asociación revalida o Selo Dona con Confianza da Fundación Lealtad.

«O selo Dona Con Confianza é un elemento de gran valor engadido para toda ONG dado que xera confianza no seu entorno de actividade (socios, administracións públicas, financiadores…), sendo a confianza un activo esencial para a consecución dos fins sociais de toda organización. Ademáis, o Selo ONG Acreditada converteuse en requisito imprescindible de acceso a determinadas convocatorias de axudas, o cal ven a corroborar que a transparencia e boas prácticas son percibidos como elementos clave e que a acreditación de Fundación Lealtad é a máxima distinción neste ámbito». Así explicou Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzheimer, o valor que otorga á entidade o distintivo de confianza. 

Estes días, a ONG acaba de revalidar o Selo. Para iso, o equipo de análise da Fundación volveu a contrastar unha vez máis que a entidade cumpre íntegramente os 9 Principios de Transparencia e Boas Prácticas nos que se basa a acreditación e que abarcan aspectos relacionados co bo funcionamiento do órgano de goberno, a comunicación da ONG, o cumprimento das súas responsabilidades e o uso eficaz dos seus recursos, entre outros.  En palabras do responsable da ONG, a renovación supón «uhna gran satisfacción» e reflexa o seu su «firme compromiso coa transparencia».

Informe de transparencia

Como se pode observar no novo informe de transparencia, que se pode encontrar na páxina web da fundación, AFAGA Alzheimer xestionou en 2019 un presuposto de 1.043.340 euros, que repartiu da siguiente maneira: o 87% o destinou a súa misión, o 8,9% aos gastos de administración e o 4,1% restante á captación de fondos. Asimismo, a ONG conta co apoio de 664 socios colaboradores, 56 empregados e 17 voluntarios. Ademáis, beneficiou a 2.535 persoas a través de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e dos seus familiares con apooo psicolóxico, asesoramento legal y social, obradoiros de estimulación cognitiva e formativos, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados coas enfermidades neurodexenerativas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio