finalista afaga premios salud

  • Afaga Alzheimer agradece á axencia ACIS por seleccionala como unha das entidades finalistas dos Premios de Innovación en Saúde.

A axencia ACIS (Axencia de Coñecemento en Saúde) seleccionou á asociación Afaga Alzheimer como finalista da súa II Edición dos Premios de Innovación en Saúde 2020. A entidad presentouse co seu proxecto “En compañía” na modalidade de Idea de Pacientes. O obxetivo do mesmo é acercar a estimulación terapéutica a través das novas tecnoloxías a aquelas persoas que teñen algún tipo de demencia neurodexenerativa, sobre todo en fase leve e moderada.

Celia, a aplicación creada por Afaga Alzheimer e a Universidade de Vigo, é un dos resultados deste proxecto. Xa que con esta intelixencia conversacional preténdese evaluar e estimular ás persoas con demencia.

Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas á axencia ACIS por este recoñocemento que nos deu polo noso esforzo. Estamos entre os 5 finalistas seleccionados en Galicia e para nós xa é todo un logro. Na nosa asociación seguiremos traballando neste proxecto e moitos máis para continuar o que mellor se nos da facer: axudar e acoller ás persoas con demencia e as súas familias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

62 + = 71