imagen la vida es una sucesion de instantes.

Tras unha longa e complicada deliberación, debido á gran calidade dos traballos recibidos, os membros do xurado do Primeiro Concurso de Relato Curto sobre Alzheimer acordaron que a obra gañadora é ‘El coleccionista de instantes’, escrita por Pedro Vaquero Marcos.

Pica aquí para ler o relato

Concederonse tres accésit, que recairon en:

  • Á Emotividade: No Caixón da súa memoria, Fuencisla Calderón Romero
  • Á Orixinalidade: As augas do Leteo, de Isabel Ortigosa Beltrán
  • Ó Estilo: Alá Onde Quede unha Memoria, de Isabel Domínguez Luque

O xurado estivo composto por: Maria Isabelle Prado, vicepresidenta de Afaga, Mª Josefa García Encina, vocal da Xunta Directiva de Afaga, Maxi Rodríguez, psicóloga de Afaga, Cristina Villanueva, responsable de Comunicación de Afaga y Modesto Martínez, director do xornal Entre Mayores.

 

Recibíronse un total de 240 relatos, entre os que hai unha gran calidade e emotividade. É destacable tanto o alto nivel dos participantes como o dato de que nos chegaron traballos de varios países de Europa, América Latina, Centroamérica e Norteamérica.

Os relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando quincenalmente no blog, o Recuncho do Coidador.

Dende Afaga queremos agradecer a grande acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron.

Parabéns a todos os participantes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

44 + = 48