Día Mundial do Alzheimer 2025

En AFAGA conmemoramos, o próximo 21 de setembro, o Día Mundial do Alzheimer, establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e apoiado pola Alzheimer’s Disease International (ADI) en 1994.

Este ano, baixo o lema “Igualando dereitos”, pon o foco na defensa dos dereitos das persoas con Alzheimer co obxectivo de reivindicar os mesmos dereitos que se otorgan a outros colectivos importantes de poboación. Podes consultar aquí o documento elaborado pola Confederación Española de Alzheimer y otras demencias (CEAFA) coas nosas reivindicacións.

Como podes sumarte á campaña polo Día Mundial do Alzheimer?

Axúdanos a visibilizar a nosa causa e a compartir as nosas reivindicacións para sensibilizar á sociedade sobre a importancia de conseguir que as persoas con Alzheimer desfruten dos mesmos dereitos que outros colectivos da nosa sociedade, evitando a súa estigmatización e plantexando solucións que melloren a súa calidade de vida. Segue estes pasos e participa na nosa campaña de concienciación!:

  1. Imprime o cartel co lema deste ano: “Igualando dereitos”. Podes descargalo aquí.
  2. Fotografíate co cartel.
  3. Compárteo connosco a través do WhatsApp (610 43 78 95) ou por correo electrónico (formacion@afaga.com) ata o mércores 17 de setembro inclusive (data límite de recepción de imaxes).
  4. As fotografías recibidas servirán para sumar forzas e difundir a nosa mensaxe a través das nosas canles de comunicación.

Cantas máis voces sexamos, máis se escoitarán os dereitos das persoas que conviven co Alzheimer a expresarse, a ser escoitadas, a tomar as súas propias decisións, a ser comprendidas, a ser coidadas como merecen, a impulsar a búsqueda de novos tratamentos, a recibir atencións sanitarias e sociais específicas, a acceder aos mellores tratamentos e a un diagnóstico certeiro. Móvete por unha boa causa!

Aquí tes un exemplo gráfico

igualando dereitos afaga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio