Dende 1994, cada 21 de setembro celebramos o Día Mundial do Alzheimer, unha data auspiciada pola OMS para concienciar sobre o que xa é a gran epidemia do século XXI.
En AFAGA cada ano organizamos distintas actividades para informar sobre esta enfermidade, sensibilizar sobre a súa repercusión social e impulsar a investigación en novos tratamentos.
Este ano, organizamos os seguintes actos ao redor do Día Mundial do Alzheimer:
Sábado 16 de setembro
Charla ‘Vida activa na demencia. Estimulación día a día’
- Impartida por Cristina Esmerode, terapeuta ocupacional
- Ás 11h na Farmacia Diz Peralba, en O Porriño
Luns 18 de setembro
Usuarios dos nosos talleres de estimulación de Baiona visitan o Centro de Día Mancomunado de Sabarís, nunha xornada de convivencia e realizan un taller conxunto.
Martes 19 de setembro
Entrega dos premios do IX Certame de Relatos Curtos sobre o Alzheimer ‘Nun recuncho da memoria’
- Sede da Diputación de Pontevedra en Vigo
- 13:00
Mércores 20 de setembro
Actividade interxeracional. Usuarios dos nosos talleres de estimulación cognitiva de Mos visitan unha gardería.
- 12:00
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, visita os nosos talleres en Randufe
- 16:00 – 19:00
Xoves 21 de setembro (Día Mundial do Alzhéimer)
Mesas informativas en Vigo
- 10:00 – 13:00 no Calvario, fronte ao Mercado
- 17:00 – 20:00 na rúa Príncipe, fronte ao Museo Marco
Mesa informativa en Redondela
- 11:00 – 13:00
- Fronte ao Concello
Mesa informativa e actividade interxeracional, cun antigo usuario de AFAGA que explicará o seu oficio de redeiro aos máis pequenos. Presenza do alcalde de Baiona, Xesús Vázquez Almuíña.
- 18:00
- Plaza do Concello
Xuntanza de usuarios dos talleres de estimulación e do programa ‘Cultiva a Mente’. Con asistencia do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez.
- 16:30 a 19:00
- Casa do Maior de Nigrán
Charla ‘Novos tratamentos aprobados para a enfermidade de Alzheimer’ polo investigador Carlos Spuch, e
Charla ‘Novos perfís nas demencias’ pola psicóloga sanitaria Maxi Rodríguez
- Dende as 19:30
- Museo Marco, Vigo
Mesa redonda sobre o alzhéimer en Redondela
- 19:00
- Multiusos da Xunqueira
Martes 26 de setembro
Excursión pola Ría de Vigo para socios, usuarios (e os seus familiares) de AFAGA. Organizada polo Concello de Vigo.
- 10:00 – 13:00