- Abel Caballero, alcalde de Vigo, acompañou a saída ao grupo do programa Cultiva a Mente antes de realizar unha ruta pola Ría de Vigo.
O Concello de Vigo puxo en marcha o programa ‘Descubriendo a Julio Verne’ para organizar rutas pola Ría de Vigo e ás que asistiron os membros de Cultiva a Mente, grupo creado por AFAGA Alzheimer. Durante os días 13, 17 y 20 de xullo realizáronse unha serie de excursións para percorrer a Ría de Vigo e descubrir a figura do escritor Julio Verne, figura literaria importante para a historia de Vigo.
Hoxe tuvo lugar a última ruta na que Abel Caballero, alcalde de Vigo, acompañou aos participantes do programa Cultiva a Mente, creado por AFAGA Alzheimer para promover o envellecemento activo e previr a deterioración cognitiva. Dende a asociación queremos dar grazas ao Concello de Vigo pola organización deste programa de rutas e a Abel Caballero por estar con nós durante este último día nesta actividad tan enriquecedora.

