Emotivo debut do coro ‘Os Sons da Memoria’

afaga alzheimer estreno coral os sons da memoria

O sábado, 6 de xuño, o coro ‘Os Sons da Memoria’ formado no mes de febreiro por mor dun acordo entre a Fundación Coral Casabranca e AFAGA Alzhéimer, fixo a súa primeira actuación en público. E o resultado foi impresionante.

afaga alzheimer estreno coral os sons da memoria 2

As pezas que interpretaron foron: “Anduriña”, “Perfidia”, “Cuéntame como te ha ido” ou “El Circo”. Nesta última canción uníuselles o Coro Peques Casabranca, conseguindo un resultado fantástico e moi emotivo.

afaga alzheimer estreno coral os sons da memoria 3

Os membros desta agrupación son 26 persoas que teñen alzhéimer ou outras demencias, os seus coidadores e familiares, ademais de varios voluntarios.

Baixo a dirección de Óscar Villar, moi ilusionado co novo proxecto, e acompañados de tres pianistas, un teclista e un baixo, tamén actuaron o Coro de Peques, o Coro Xuvenil, o Coro “Gepetto” e a Coral Casabranca. Para finalizar todos xuntos sobre o escenario. En total, 450 persoas unidas interpretaron de novo “Cóntame”, a varias voces, e o “Himno galego”.

afaga alzheimer estreno coral os sons da memoria 4
afaga alzheimer estreno coral os sons da memoria 5

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio