Curso en liña: Intervención para a autonomía persoal no proceso de envellecemento

Neste curso centrámonos na ocupación na vellez e a súa importancia para conservar a autonomía persoal, abordando a problemática da disfunción ocupacional nesta etapa da vida e as súas posibles consecuencias, como a perdida de autonomía, a diminución da percepción de utilidade, a redución da participación social e do benestar xeral do adulto maior, debido a limitacións físicas, cognitivas, psicolóxicas ou ambientais.

Afondamos  tamén no coñecemento das Actividades da Vida Diaria (AVD) e nos produtos de apoio, así como na valoración funcional en xerontoloxía e a dependencia, e aportamos estratexias e metodoloxías de intervención, ademais de ferramentas para fomentar a ocupación significativa e a autonomía tanto en persoas maiores como en persoas con demencia.

curso interv autonomia 03 06 oct 2025

Máis información e formulario de rexistro:

  • Persoa de contacto: Roser Ibáñez
  • Teléfono: 986 22 97 97 (Extensión 4)
  • E-mail: formacion@afaga.com ou no seguinte formulario:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio