Consellos saudables de AFAGA na canle de YouTube

afaga alzheimer canal youtube 1

Co obxectivo de estar máis preto das familias e das persoas con demencia durante a corentena, AFAGA Alzhéimer puxo en marcha unha canle de YouTube.

Nesa canle, publican dúas ou tres veces por semana as ‘Pílulas Saudables’: consellos para coidarse, exercicios de estimulación, pautas para relaxarse, para traballar a memoria, para xestionar ben as emocións… E tamén hai outra sección chamada ‘Recetas Divertidas’, onde se publican vídeos para cocinar e entreterse.

En definitiva, a través da canle de AFAGA Alzhéimer difúndense recomendacións e pautas saudables para mellorar a calidade de vida e envellecemento. Os vídeos son realizados polos profesionais da entidade, polo que as recomendacións abarcan moitos ámbitos: psicolóxico, terapia ocupacional, traballo social, fisioterapia e tamén legal. En resumo, a través de YouTube, AFAGA traballa o coidado da saúde dunha forma integral e transversal.

Para recibir todos os vídeos da canle, hai que subscribirse a través deste enlace: AFAGA Alzhéimer, e facer clic na campá. ¡Segue a AFAGA Alzhéimer en Youtube!

afaga alzheimer canal youtube

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio