Concerto do Nadal de ‘Os Sons da Memoria’

O coro de AFAGA e a Fundación Coral Casabranca cegou na súa actuación no Teatro Afundación en Vigo

O coro ‘Os Sons da Memoria’ foi un dos protagonistas do 10º Concerto de Nadal – Memorial Lola Castro organizado pola Fundación Coral Casabranca, xunto co coro de Peques, o Xuvenil e o coro ‘Gepetto’.

Baixo a dirección de Óscar Villar, o noso coro interpretou tres temas populares como ‘Esta tarde vin chover’, ‘A media volta’ e ‘Contigo aprendín’. Aínda que tamén uniron as súas voces aos outros coros para varias interpretacións conxuntas.

Fai tres anos, o coro ‘Os Sons da Memoria’ naceu con 26 integrantes e este pasado venres xa foron 72 as voces que nos encandearon. Este proxecto non para de crecer e iso fainos moi felices. Está composto por persoas usuarias de AFAGA e os seus coidadores e familiares, ademais de profesionais e voluntarios da asociación.

O seu obxectivo é estimular a memoria das persoas con demencia interpretando cancións que forman parte das súas vidas xa que, segundo demostran estudos científicos, a memoria musical é unha das últimas en sufrir deterioración.

Aquí deixámosche un pequeno extracto da súa actuación:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio