Grupos terapéuticos

Os Grupos Terapéuticos para Coidadores familiares iniciaron onte a súa andadura. Gonzalo Soliño, psicólogo e coordinador dos grupos, inaugurou onte este programa, que se desenvolve no Centro Integral de Atención ao Alzheimer de Afaga, en Vigo, e que está financiado por Obra Social La Caixa.

Grupos terapéuticos

Estas sesións perseguen varios obxectivos: por unha banda, crear un contexto de seguridade e confianza onde se poidan compartir experiencias, intercambiar consellos e facilitar que afloren sentimentos, emocións, etc,… E, doutra banda, e non menos importante, ofrecer aos participantes os coñecementos necesarios para comprender mellor ao seu familiar con demencia e manexar de forma máis solvente os conflitos que poidan xurdir en relación ao coidado.

Nesta primeira sesión inaugural produciuse unha toma de contacto e presentacións entre os participantes e o coordinador.

Formáronse dous grupos de 12 persoas cada un, que se reúnen os martes pola tarde. Un primeiro grupo de 16,30 a 18,00 horas e o outro de 18,30 a 20,00 horas.

O perfil dos participantes, corresponde co habitual do coidador: a maioría son mulleres e cunha relación familiar coa persoa enferma, principalmente fillas, aínda que tamén hai algún cónxuxe.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 3 = 5