A comunicación tamén é importante. Se ata agora era un factor importante da convivencia, agora debemos tomar máis conciencia do seu efecto nos nosos maiores. Tanto as palabras como os xestos son recibidos polo noso familiar como información valiosa da realidade que agora mesmo non está vivindo.
Debemos explicar á persoa con alzhéimer a nova situación para tratar de diminuÃr a súa confusión e que poida comprender e adaptarse ao cambio nas rutinas. Isto conleva a repetición de novas normas cotiás, como aumentar a hixiene, seguir unha programación horaria, colaborar en actividades domésticas. Recomendamos ler o artigo “O dÃa a dÃa cunha persoa con demencia”.
Se a persoa enferma non recibe explicacións, sentirase confundida, non terá en conta e, facilmente, aumentará o seu nerviosismo e inquedanza, o que pode levar a alteracións de conduta que dificulten a xestión da situación. Por iso, recoméndase adaptar a explicación á capacidade cognitiva segundo a fase da enfermidade e o grao de afectación da linguaxe.
Lóxicamente, non hai unha fórmula única que vala para todos os casos e situacións, pero algunhas explicacións clave poden axudar á persoa con alzhéimer a comprender a excepcionalidade da situación e por que as cousas agora son diferentes do habitual. Os mensaxes adaptaranse e darase máis ou menos detalle segundo a súa capacidade cognitiva, pero tamén segundo a súa inquietude e a súa necesidade de saber. Desde a Fundación Pasqual Maragall propoñen estes mensaxes:
- Hai un virus novo que se contagia moi facilmente e está a facer que moitÃsima xente teña que ir ao médico ou ingresar no hospital. Chámase coronavirus.
- Este virus causa sÃntomas semellantes aos dunha gripe, como tose, febre e dificultade para respirar.
- Na maiorÃa dos casos, os sÃntomas son leves, pero se moita, moita xente se infecta, como xa pasou noutros paÃses, os servizos médicos non dan abasto e non se pode atender axeitadamente a todo o mundo que o necesite.
- As persoas maiores ou que teñen outras enfermidades poden sufrir máis complicacións, que poden chegar a ser graves ou moi graves.
- Por todo iso, as autoridades sanitarias e do goberno pediron que, durante uns dÃas, toda a xente quede na súa casa ou no lugar onde vive normalmente.
- Como se contaxia moi facilmente e as persoas maiores son especialmente sensibles, temos que evitar saÃr de casa e non podemos recibir visitas doutras persoas, aÃnda que estean sanas, porque calquera pode ser portador do virus e non sabelo (en particular, os nenos e os mozos, polo que tamén minimizamos o contacto con eles).
A prioridade debe ser expoñer a situación actual e as limitacións coas que nos atopamos dunha forma sinxela e comprensible, escoitándoa atentamente e observando a súa reacción para tratar de responder ás súas dúbidas e inquedanzas. Tamén é importante dicir que todo o mundo está igual, é dicir, que estas indicacións deben ser seguidas por toda a poboación.
AÃnda tendo en conta todas estas recomendacións, é posible que se dean momentos de incerteza, inquedanza ou ansiedade. Se detectamos que se debe á preocupación, recuperaremos os mensaxes claros para proporcionar serenidade, repetindo as indicacións se é necesario, con moita paciencia. Con todo, evitaremos falar do mesmo tema constantemente se o noso familiar non o demanda. Por iso, é moi importante establecer rutinas que inclúan diferentes actividades que axuden a manter o benestar fÃsico e mental. Leed ou repasade o artigo “Alternativas terapéuticas no domicilio”.
A importancia da nosa actitude na comunicación
Non só é importante o contido da información que lle proporcionemos, senón tamén a maneira na que o fagamos. Debido ao deterioro cognitivo, o noso familiar pode non comprender moi ben o que lle dicimos, pero si a maneira, o ton de voz, os xestos que o acompañan. Se nós mostrámonos tranquilos, seguros e confiados, é máis probable que a persoa con alzhéimer o reciba con maior tranquilidade, seguridade e confianza. Se, polo contrario, mostrámonos nerviosos, asustados ou confusos, esas serán as sensacións que máis facilmente transmitiremos. Isto coñécese como o “contaxio emocional”.
En resumo, en circunstancias excepcionais como as actuais, compartiremos a información de forma axustada á capacidade de comprensión da persoa con alzhéimer, resolvendo as súas dúbidas e realizando tarefas dinámicas cotiás que fomenten a actividade e a estimulación.