- Afaga Alzheimer inicia este mes as súas actividades socioeducativas e terapéuticas para familias 2021-22 cunha sesión de acollida.
Este mes de novembro comenzan as actividades socioeducativas e terapéuticas para familias organizadas por Afaga Alzheimer. Están dirixidas tanto a persoas socias como non socias para formar e sensibilizar sobre as demencias. Con estas preténdese informar as persoas coidadoras e os seus familiares sobre diversos temas: estratexias de fomento da autonomía, recursos de apoio, sobre os tratamentos que existen actualmente para ralentizar o avance do deterioro cognitivo, exercicios terapéuticos, etc.
A primeira actividade foi unha sesión de acollida moderada por Miriam Fortes Posada, traballadora social en Afaga Alzheimer. O pasado 8 de novembro (luns) reuníronse 19 persoas, entre coidadores e familiares, para informarse sobre a asociación e os seus servizos, entre outros aspectos. Despois da charla os asistentes poideron disfrutar de pastas e unha bebida quente mentras compartían as súas experiencias entre eles.
A próxima actividade terá lugar o 24 de novembro (mércores) no Centro Integral de Martínez Garrido. Titúlase: “Alzheimer e outras demencias: máis alá da memoria” e en ela se abordarán os distintos tipos de demencias, síntomas e los tratamientos farmacológicos e non-farmacolóxicos.
Poden apuntarse a esta charla e outras actividades programadas chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com. A continuación, deixamos o programa completo dende novembro de 2021 ata xuño de 2022.