A escola Atlántida achega unha contribución económica a AFAGA Alzhéimer

  • Os 1.250 euros recadados destinaranse íntegramente á atención terapéutica para persoas con Alzheimer ou algún outro tipo de demencia.

Os estudantes, as súas familias e o persoal do C.P.R. Multilingüe Atlántida de Vigo, como parte dunha campaña solidaria, elaboraron ilustracións para facer un calendario que puxeron á venda. Con isto lograron recadar fondos para investir na atención terapéutica de persoas con demencia no Centro de Atención Integral de Alzhéimer e outras demencias de Vigo, que pertence a AFAGA Azlhéimer.

Grazas a esta campaña na que participou activamente todo o persoal do centro, estudantes e as súas familias, recadáronse 1.250 € que se destinarán integramente á atención terapéutica de persoas con demencia no Centro de Atención Integral á Demencia de Alzhéimer AFAGA de Vigo.

Esta iniciativa, que contou coa participación activa de todo o colexio, está entre as moitas accións de sensibilización e participación social que AFAGA Alzhéimer leva a cabo na comunidade, co obxectivo de dar a coñecer esta realidade e, deste xeito, espertar na comunidade o interese en participar en actividades que inclúan a este colectivo.

campana calendarios colegio atlantida de vigo 1 scaled
De esquerda a dereita: Pilar Gutiérrez Verdia, profesora; Félix Lourido Valverde, Director; Juan Carlos Rodríguez, presidente Afaga Alzheimer e Emilio Rodríguez Vázquez, xefe de estudos. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio