Socio · Empresa
Únete como Socio · Empresa e fai a diferenza duradeira na vida
das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas!
En AFAGA, estamos comprometidos con proporcionar apoio e coidado ás persoas que sofren de alzhéimer e outras demencias, así como ás súas familias. O noso traballo é vital para mellorar a súa calidade de vida e ofrecerlles o apoio que necesitan en cada etapa da enfermidade. Agora, invitámoste a converterche en Socio · Empresa e ser parte activa desta importante labor.
Que implica ser Socio · Empresa?
Ser Socio · Empresa implica comprometerte a apoiar a nosa asociación de forma continua e sostida mediante unha aportación económica periódica. A túa contribución será destinada directamente a financiar os nosos programas e servizos, como o coidado especializado, a atención domiciliaria, os grupos de apoio e as actividades de concienciación.
Ao converterte en Socio · Empresa, non só estarás a brindar un apoio financeiro fundamental, senón que tamén te converterás nun membro activo da nosa comunidade, compartindo os nosos valores e visión. Xuntos, podemos facer a diferenza na vida das persoas afectadas por estas enfermidades e as súas familias.
Desgravarás o 35% da aportación no Imposto de Sociedades
Ser solidario ten premio!
Como empresa poderás deducirche do Imposto de Sociedades o 35% da achega que fixeses á Fundación. Se a túa contribución como empresa foi constante nos tres últimos anos fiscais, poderás deducirche do Imposto de Sociedades o 40% da achega. O límite a dedución será do 10% da base impoñible.
Falamos?
Se tes outra idea de colaboración, contacta con nós 🙂