Obradoiros de estimulación cognitiva
Logo do diagnóstico dunha demencia neurodexenerativa, a persoa comeza un camiño onde estimular as súas capacidades, o que significa manter a súa autonomía por máis tempo.
Para iso, AFAGA está a desenvolver o Programa Obradoiros de Estimulación Cognitivo-funcional co que se pretende manter as habilidades, coñecementos e condutas que aínda posúen, utilizando para iso técnicas dirixidas ao adestramento nas actividades da vida diaria (AVD), orientación á realidade, estimulación cognitiva e estimulación funcional. Todo iso concrétase realizando actividades adaptadas tanto ás capacidades xerais do grupo como ás que se presenten de forma individual.
Na actualidade, existen 23 grupos, compostos por entre 10 e 15 persoas. As persoas participantes acoden 2 días á semana, 2horas e 45 minutos por día.
Os grupos están diferenciados segundo nivel de deterioro.
Contamos con obradoiros de estimulación cognitivo-funcional en:
- Vigo (12 grupos)
- Redondela (2 grupos)
- Mos (2 grupos)
- Ponteareas (1 grupo)
- Salceda (1 grupo)
- Tui (2 grupos)
- Nigrán (2 grupos)
- Baiona (1 grupo)
Falamos?
Se estás interesado en formar parte deste proxecto participando na financiación, contacta con nós 🙂






































