Espazo Convivencial
‘Espazo Convivencial especializado en deterioración cognitiva’.
Creación e posta en marcha dun espazo de resposta global, interdisciplinar e de vangarda ante os novos retos que chegan pola maior lonxevidade e diagnóstico das demencias.
Dita resposta conséguese mediante a posta en marcha de distintos programas dentro dun mesmo lugar, o ‘Espazo Convivencial’. Este proxecto, promovido por AFAGA, contará con diversas tipoloxías de programa que brindarán un soporte integral (enfoque 360°), entre os que destacan os seguintes:
60 persoas residentes neste espazo.
Atención social e posibilidade de residencia xunto ao seu familiar.
A intensidade virá determinada polas características de cada unha das investigacións albergadas. Cabe destacar especialmente o proxecto que AFAGA Alzhéimer formulou conxuntamente coa Universidade de Santiago, coa Universidade de Porto, coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entre outros, no marco dunha convocatoria europea que se executará parcialmente na devandita unidade.
Este espazo acollerá actividades interxeracionais e de loita contra o idadismo.
A estancia neste espazo estará dirixida aos seguintes colectivos:
I. Persoas con demencias neurodexenerativas e os seus achegados
Por medio da creación dun centro convivencial especializado en persoas con alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas, que permita unha intervención holística e global, altamente especializada e innovadora, encamiñada a retardar a deterioración producida pola doenza. Esperamos 60 beneficiarios.
II. Persoal investigador e estudantes de profesións sanitarias e sociosanitarias
El presente proyecto, como referente en la atención integral a pacientes con demencia y su entorno, será un lugar idóneo para el desarrollo de iniciativas y estudios de investigación a través de colaboraciones y consorcios con el fin de buscar soluciones prácticas e innovadoras a la problemática del alzhéimer y otras demencias neurodegenerativas, y al desafío que supone una mayor longevidad poblacional.
Falamos?
Se estás interesado en formar parte deste proxecto participando na financiación, contacta con nós 🙂