Así comeza o relato ‘Sede’ finalista en categoría de estilo no concurso ‘Nun Recuncho da Memoria’. Escrito por Javier Albillo Candeas, baixo o pseudónimo Pater Bernhard, é unha alegoría á tarefa dos coidadores. Este bonito relato reflicte, a angustia, impotencia e ansiedade que, en ocasións, senten os coidadores cando se enfrontan a unha enfermidade como o alzheimer.