É frecuente que xurdan problemas co vestido: erros na secuencia de pasos, pezas colocadas do revés, poñer varias pezas unha por enriba doutra, problemas con botóns, cremalleiras, etcétera.
Por iso é recomendable seguir unha serie derecomendacións para simplificar e facilitar o vestido:
- Colocar no armario só a roupa de tempada, identificando con debuxos onde se encontra cada peza (calcetíns, roupa interior ou camisas).
- Elixir co enfermo a roupa que vai poñerse ao día seguinte, deixándoa colocada na orde en que deberá poñérsa.
- Facer que o enfermo garde as súas cousas sempre no mesmo sitio. Así é máis difícil que se esqueza e evítase que crea que llas roubaron. Ademais, convén ter unha copia dos obxectos persoais máis usados e necesarios por se acaso os perde.
- Cambiar os botóns e cremalleiras por tiras de velcro e utilizar pezas dunha soa peza elástica e non axustada.
- É conveniente substituír os zapatos de cordóns por outros con peche adhesivo, de adoite antiescorregadizo, sen tacóns e de forma ancha.
- Non anticiparse nin meter présa. Deixar tempo para que o paciente se vista él mesmo e, se non é capaz, primeiro intentar darlle ordes sinxelas sobre o que debe facer e recorrer á imitación.
- Non pensar que xa non pode facer nada. Quizáis o enfermo sexa capaz de estirar o brazo para meter a manga, pero só necesita a súa indicación.
- Se o enfermo non se sostén en pé ou sentado, poñerlle primeiro a roupa da parte inferior mentres está na cama; despois, ó incorporalo para sentalo na cadeira, subirlle as pezas. Así xa só quedará a roupa da parte superior.
- Se é posible, rematar de arranxalo ante o espello, o que lle axudará a que sexa capaz de recoñecerse durante máis tempo.