A música é un tipo de manifestación artística que acompaña ao ser humano durante toda a súa vida.
É de vital importancia, non só pola súa beleza e valor estético, senón tamén polo seu poder para provocar reaccións emocionais nos seres humanos. Se o pensades un pouco, seguro que vos vén á mente algunha canción e/ou artista que é capaz de poñervos a lanuxe de punta ou que vos trae bos recordos da infancia e/ou da mocidade.
Beatriz Rodríguez, Psicóloga de Afaga escribiu un interesante artigo sobre os beneficios da música nas persoas con demencia.