“O meu avó preparaba a barca e botábase á mar, como eses xubilados que saen a comprar o xornal: a diario e como rutina. Eran tempos que eu recordo asollados, cun ceo azul tan intenso que non pode senón deberse ao retoque fotográfico da memoria […] A miña avoa. A miña avoa con esas mans sedosas que cheiraban a xabón de lavanda, preparándonos un xantar a base de bocadillos e froita. Batidos en tetrabrik para min e
viño tinto en bota para el. Eran bos tempos. Eu non entendía o mar e o meu avó non entendía como o
mar podía atraerme tanto”…
Eric Fernández-Luna (Murcia) escribiu este precioso relato ‘Isla Promesa’, que quedou finalista na Categoría Estilo no V Concurso de Relatos Curtos ‘Nun Recuncho da Memoria’.
Unha historia entrañable, un estilo impecable, un relato que deixa pegada.