“Misterios Gozosos”, escrito por María Caamaño López, foi o relato gañador na categoría en galego do VII Concurso de Relatos Cortos sobre alzheimer. A temática de esta edición foi “Confinamiento y la superación personal”.
Un relato que nos narra a historia de Marcos e a súa familia, confinados no seu piso durante a cuarentena coa súa avoa que padece alzheimer u outra demencia. Non só é un relato que fala das dificultades vividas durante eses meses encerrados nas nosas casas. Tamén leva unha mensaxe cargada de optimismo e esperanza que nos recorda que as veces a felicidade se pode atopar nas cousas máis cotiás do noso día a día.