programa cuidandome tui

  • O xoves 03 de marzo deu comezo a segunda edición do programa COIDANDO-ME, un programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas maiores dependentes.

O concello de Tui puso en marcha o programa COIDANDO-ME cunha inauguración na que estuviron presentes Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais e Carmen María González, traballadora social do concello. Este programa volve a retomarse un ano máis grazas ao seu compromiso con AFAGA para organizar este tipo de actividades para os coidadores e programas de prevención do deterioro cognitivo e terapéuticos para persoas con algún tipo de diagnóstico de demencia.

O programa COIDANDO-ME nace da necesidade de ofrecer unha atención integral aos coidadores familiares para previr ou minimizar as consecuencias que ten na súa propia saúde as atencións continuadas ao seu familiar maior con dependencia. Dende unha metodoloxía grupal se pretende informar e formar, apoiar emocionalmente e promocionar momentos de descanso activo e relación social con outras persoas que están na súa mesma situación.

Está destinado a persoas mayores de 18 anos que estén coidando a un familiar maior con algún grado de dependencia no entorno familiar. O grupo estará formado por un máximo de 15 persoas.

A encargada de realizar o programa será Beatriz Rodríguez, psicóloga xeral sanitaria de AFAGA. No mesmo poderase contar coa presenza de outros profesionais (enfermeira, fisioterapeuta, traballadora social, etc.) según as necesidades detectadas no grupo na primeira sesión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 1 = 5