As charlas formativas de AFAGA Alzheimer volven en xaneiro de 2022

charla formativa 24 11 2021 2
  • AFAGA Alzheimer retoma as Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias con dúas charlas formativas para este mes de xaneiro: “Alzheimer e outras demencias: máis alá da memoria” e “Emoción e conducta nas persoas con demencia”.

AFAGA Alzheimer continúa en xaneiro coas charlas formativas do seu programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias 2021-22.

A primeira será o 19 de xaneiro (mércores). Trátase dunha repetición da charla realizada en novembro de 2021 baixo o título de “Alzheimer e outras demencias: máis alá da memoria\”. Nela se volverán a abordar os tipos de demencias, síntomas e tratamentos farmacolóxicos y no farmacolóxicos.

A segunda será o 26 de xaneiro (mércores) co título de “Emoción e conducta nas persoas con demencia\”. Na charla falaremos dos síntomas conductuales e psicolóxicos da demencia (SCPD) e as pautas a ter en conta.

Ambas terán lugar no Centro de Atención Integral ás demencias de Martínez Garrido (Avda. Martínez Garrido, 21º Interior) de 17:00 a 19:00. Ademáis, estarán impartidas por Maximina Rodríguez Fernández, Psicóloga sanitaria en AFAGA Alzheimer.

Para asistir a alguna destas charlas é OBLIGATORIO inscribirse con anterioridade. Para solicitar máis información podedes chamar ao 986 22 97 97 ou escribirnos a formacion@afaga.com.

As charlas terán un custe solidario de 5€ euros para as personas socias y de 10€ para persoas non socias.

charlas formativas enero 2022 724x1024

Si desexan informarse sobre as actividades programadas para os próximos meses poden consultar o cartel que aparece a continuación. Ademáis, non se esquezan de seguirnos en redes sociais para estar ao día de todo o que facemos na asociación.

actividades socioeducativas y terapeuticas para familias 202122 gallego actualizado 1024x724

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio