AFAGA Alzheimer organiza unha serie de actividades dirixidas a coidadores familiares e familias de persoas con demencia. A continuación, enumeraremos todas as que están programadas para o mes de abril:

Grupos de familias para coidadores familiares:

Programa gratuito con 12 sesións semanais de maio a xullo con seguimento mensual posterior.

Os horarios son venres de 11:30 a 13:00 horas ou mércores de 16:30 a 18:00 horas no Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior). Estarán impartidas por Gonzalo Soliño, psicólogo sanitario en AFAGA Alzheimer.

Inscricións chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formación@afaga.com

grupos de familias AFAGA Alzheimer

 

Charla: “Alzheimer y otras demencias: qué son y cómo convivir con ellas”:

Charla de entrada libre (ata completar aforo) que se realizará o 25 de abril de 17:00 a 18:30 horas. Terá lugar no Centro sociocomunitario de Coia (Cangas, n 5º, Vigo) e estará impartida por Laura Alejandra Gómez de Rodríguez (Psicóloga en AFAGA Alzheimer) e Roser Ibáñez (Educadora social en AFAGA Alzheimer).

Charla Alzheimer Coia AFAGA

 

Charla formativa: “Exercicios terapéuticos para o benestar físico das persoas coidadoras”:

Realizarase o 27 de abril de 18:00 a 20:00 horas no Centro Integral de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior). A moderadora será Vanesa López Miguens (Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer).

Terá un custe solidario de 5€ para persoas socias e de 10€ para persoas non socias.

A inscrición é OBRIGATORIA chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formación@afaga.com

Charlas formativas AFAGA Alzheimer

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 25 = 32