Estatutos sociais de Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia

TÍTULO I.- DA ASOCIACIÓN

CAPÍTULO I.- DENOMINACIÓN, NATUREZA E FINS

Artigo 1.- Constitúese, sen ánimo de lucro e por tempo indefinido, a ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE GALICIA (AFAGA).

Artigo 2.- A Asociación ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins non lucrativos e beneficio asistencial.

Artigo 3.- A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, o Regulamento de Réxime Interior e subsidiariamente pola Lei de Asociacións 1/2002 de 22 de marzo e demais lexislación concordante.

Artigo 4.- O domicilio da Asociación radicará, a todos os efectos, na Avenida de Martínez Garrido, nº 21- Interior, 36205 Vigo (Pontevedra).

O domicilio poderá trasladarse por acordo da Asemblea Xeral.

Artigo 5.- O ámbito territorial da Asociación será o da Comunidade de Galicia.

Artigo 6.-  A Asociación terá os seguintes fins:

a) Promover actuacións e programas destinados a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ós/ás enfermos/as de alzheimer e outras demencias.

Representar e ser portavoz do conxunto de familiares, así como dos/as enfermos/as de alzheimer e outras demencias para a defensa dos seus dereitos.

b) Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestructura de apoio ás familias e de unha atención continuada, integral e interdisciplinar para os/as enfermos/as, así como a creación de centros específicos para a atención de estos/as enfermos/as.

c) Reclamar das autoridades e organismos públicos pertinentes partidas presupuestarias para investigación.

d) Proporcionar e difundir nos medios de comunicación todo o que faga referencia ó posible diagnóstico da enfermedade e terapia da misma.

e) Desarrollar actividades de sensibilización social respecto á problemática que estas enfermedades provocan.

f) Desarrollar actividades de formación para familiares, profesionais e público en xeral.

g) Manter os contactos necesarios con entidades e organizacións adicadas ó estudio da enfermedade, dentro e fora de España, co propósito de estar ó día nos avances científicos que se producen nesta materia e así poder informar ós familiares dos/as enfermos/as.

h) Desenvolver e dinamizar accións de envellecemento activo e saudable, prevención e detección precoz do deterioro cognitivo e as situacións de dependencia.

i)Promover accións para atender ás familias coidadoras de persoas con una demencia neurodexenerativa e os dependientes en todos os aspectos: benestar social, sanidade, dependencia, discapacidade, maiores, muller, infancia, educación, exclusión social, xusticia, seguridade y todos aqueles que se detecten no desenvolver do seu traballo.

j)Promover e desenvolver proxectos de investigación social e sanitaria no ámbito do envellecemento, demencias ou da dependencia.

Todas as actividades que desarrolle a misma, así como as dos seus órganos directivos e os membros de éstos, irán encaminados ó servicio dos mencionados fins.

CAPÍTULO II.- COMPOSICIÓN DA ASOCIACIÓN

Artículo 7.– A Asociación estará integrada por todas aquelas persoas con capacidade de obrar que estean interesadas nas súas finalidades.
Os e as integrantes da Asociación poderán ser:

  1.  Socios/as Familiares. Serán socios/as familiares exclusivamente aquelas persoas que sexan familiares de enfermos/as de alzhéimer e outras demencias. Terán dereito a voz e voto na Asemblea Xeral e só eles/elas poderán formar parte da Xunta Directiva. Os/As familiares de enfermos/as falecidos/as poderán seguir formando parte da Asociación ao tempo que mañteñen a mesma consideración a estes efectos.
  2. Socios/as Colaboradores/as. Serán socios/as colaboradores/as todas aquelas persoas ou entidades que estean interesadas na consecución dos fins e obxectivos da Asociación, aínda que non sexan familiares de enfermos/as de alzhéimer e outras demencias. Terán dereito a voz e voto na Asemblea Xeral, pero non poderán formar parte da Xunta Directiva. De entre estes membros, a Xunta Directiva poderá constituir un Comité Científico de Apoio que estará integrado por persoas físicas ou xurídicas de todo tipo, sempre e cando todas elas poidan colaborar de forma desinteresada e profesional na consecución dos fins da Asociación.
  3. Socios/as Solidarios/as. Serán socios/as solidarios/as todas aquelas persoas ou entidades que estean interesadas nos fins e obxectivos da Asociación. Terán dereito a voz, pero non a voto, na Asemblea Xeral e non poderán formar parte da Xunta Directiva.
  4. Socios/as de Honra. Serán socios/as de honra as persoas que a Xunta Directiva designe como tales por motivo de méritos relevantes en calquera ámbito que cerque o alzhéimer e outras demencias. Dende o momento da súa designación como tales, poderán gozar dos mesmos dereitos que os socios/as colaboradores/as.

CAPÍTULO III.- ADQUISICIÓN E PERDA DA CONDICIÓN DE MEMBRO TITULAR

Artigo 8.- Para a adquisición da condición de membro titular da Asociación requirirase:

  1. Solicitude de incorporación formulada nas oficinas da mesma.
  2. Asunción do compromiso de cumprir os Estatutos da Asociación e o seu Regulamento de Réxime Interior.
  3. Pagar a cota correspondente.

Artigo 9.- A perda da condición de membro titular da Asociación terá lugar polos seguintes motivos:

  1.  Renuncia voluntaria.
  2.  Incumprimento das normas da Asociación.
  3.  Non pagamento da cota que o organismo competente da Asociación determine en cada momento.

A Xunta Directiva da Asociación será a encargada de acordar respecto ás baixas polas causas expostas e de notificalo ao membro trala audiencia da persoa interesada.

As persoas que causan baixa poden recorrer a esta resolución mediante a xurisdición ordinaria.

A separación temporal dun socio ou socia pódese producir:

  1. Por petición persoal;
  2. Por acordo da Xunta Directiva ben:
    1. Por estarse a tramitar un expediente sancionador.
    2. Por outras causas xustificadas que o aconsellen como comportamentos que afecten á boa marcha dos fins da Asociación ou polo atraso do pago dalgunha cota.

 CAPÍTULO IV.- DEREITOS E DEBERES DOS MEMBROS TITULARES

Artigo 10.- A excepción do previsto no artigo 7 deste desenvolvemento normativo, todos os membros da Asociación gozarán de iguais dereitos e deberes.

En todo caso, a actividade da asociación estará aberta a calquera outro beneficiario que reúna os requisitos legais e que estean previstos nos estatutos, avaliando o seu acceso en función da capacidade dos recursos da asociación e a súa propia estabilidade.

Sección primeira: Dos dereitos dos membros

Artigo 11.- Son dereitos dos membros titulares os que se relacionan a continuación:

  1.  Participar nas actividades da Asociación e beneficiarse dos servizos da Asociación, da Federación Galega e da Confederación Española.
  2.  Elixir e ser elixido para os cargos que se establezan nos presentes Estatutos.
  3.  Ser convocados ás Asembleas Xerais.
  4.  Ser inscritos no ficheiro e no libro de rexistro de asociados.
  5.  Coñecer o texto íntegro da normativa da Asociación e dos acordos adoptados pola Asemblea Xeral e polos organismos directivos.
  6.  Impugnar os acordos que adopten a Asemblea Xeral e os organismos directivos.
  7.  Expoñer por escrito á Xunta Directiva todo o que consideren que pode contribuír a facer máis plena a vida da Asociación e máis eficaz a realización dos seus obxectivos e obter resposta por parte de dito organismo no caso que así o soliciten.

Artigo 12.- Os dereitos dos socios adquírense dende a data na que son admitidos e desaparecen a partir do momento no que se perde a calidade de socio, segundo o previsto non presentes Estatutos.

Sección segunda: Dos deberes dos membros

Artigo 13.- Os membros da Asociación terán, de conformidade co establecido na lexislación vixente e nos Estatutos, os seguintes deberes:

  1.  Cumprir e acatar os preceptos contidos nos Estatutos e no Regulamento de Réxime Interior.
  2.  Acatar os acordos adoptados de maneira válida pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  3.  Aboar a cota establecida anualmente pola Asemblea Xeral.
  4.  Desempeñar de maneira fiel as obrigas inherentes ao cargo que desempeñen para o que foron nomeados.
  5.  Manter a colaboración nas actividades sociais que procedan en interese do bo funcionamento da Asociación.

TÍTULO II.- DOS ORGANISMOS DE DIRECTIVA

 Artigo 14.- Os organismos da directiva de AFAGA son a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

CAPÍTULO I.- A ASEMBLEA XERAL

 Sección primeira: Disposicións xerais

 Artigo 15.- A Asemblea Xeral é o organismo supremo da Asociación e estará integrada polos seus membros asociados.

Artigo 16.- Cada un dos membros que formen a Asemblea Xeral contará cun único voto. Os membros poderán delegar o seu voto na persoa dun compromisario. Cada compromisario terá tantos votos coma membros represente.

Artigo 17.- A Asemblea reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ao ano, antes do 30 de xuño, e con carácter extraordinario sempre que o estime oportuno a Xunta Directiva ou a petición por escrito de polo menos un 10% dos membros asociados.

Artigo 18.- A Asemblea Xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a maioría dos membros titulares presentes ou representados con dereito a voto. En segunda convocatoria será suficiente sexa cal sexa  o número de asistentes presentes ou representados.

A segunda convocatoria da Asemblea Xeral poderase realizar mediando un prazo de media hora.

Artigo 19.- O/a Secretario/a efectuará as convocatorias das Asembleas Xerais, en nome do/a Presidente/a ou a persoa que faga as súas funcións, mediante carta a todos/as os/as asociados/as, con polo menos quince días de antelación e na que se indicará data, hora e lugar de celebración, así como a Orde do Día.

Artigo 20.- A Mesa das Asembleas estará presidida polo/a Presidente/a da Xunta Directiva da Asociación ou, na súa falta, pola persoa que a Xunta designe, que será asistida á súa vez polo/ Secretario/a do mesmo organismo, así como polo/a Tesoureiro/a, se a Orde do Día inclúe un tema económico e, se a Xunta o considera pertinente, polos técnicos da mesma, no caso de que os teña.

Sección segunda: Da Asemblea Xeral Ordinaria

 Artigo 21.- É competencia da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1.  O exame e aprobación das Contas Anuais, do Informe de Xestión e da Proposta de Aplicación do Resultado.
  2.  Presentación do orzamento para o exercicio seguinte, así como o correspondente Plan de Actividades.
  3.  Elección, reelección e separación ou substitución de todos ou parte dos membros da Xunta Directiva e a determinación dos cargos.
  4.  Coñecemento e aprobación das propostas e proxectos que a Xunta Directiva someta á Asemblea.
  5.  Aprobación da cota anual.
  6.  Establecer as liñas xerais de actuación que permitan que a Asociación cumpra os seus fins.
  7.  Impugnación dos acordos da Xunta Directiva.

Artigo 22.- Os acordos da Asemblea Xeral Ordinaria adoptaranse por maioría simple dos membros titulares presentes ou representados.

No caso de empate na primeira votación, o/a Presidente/a contará con voto de calidade.

Sección terceira: Da Asemblea Xeral Extraordinaria

 Artigo 23.-  É competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1.  A modificación dos Estatutos.
  2.  Adquirir, gravar, transmitir ou vender bens inmobles.
  3.  Aprobar o Regulamento de Réxime Interior.
  4.  Acordar a disolución da Asociación e nomear a correspondente Comisión Liquidadora.
  5.  O cambio de domicilio.

Artigo 24.- Os acordos da Asemblea Xeral Extraordinaria adoptaranse por unha maioría de dous terzos dos membros titulares asistentes ou representados.

CAPÍTULO II.- A XUNTA DIRECTIVA

Sección primeira: disposicións xerais

 Artigo 25.- A Xunta directiva é o organismo directivo da Asociación. Estará integrada polos seguintes membros:

– Presidente/a

– Vicepresidente/a

– Secretario/a

– Tesoureiro/a

– Vogais

Artigo 26 .- O número de membros da Xunta non será inferior a cinco nin superior a once.

Artigo 27.- Tódos os cargos da Xunta Directiva son electivos e deberán asumilos socios familiares.

Artigo 28.- Os integrantes da Xunta Directiva exercerán o seu cargo por un período de tres anos e poderán ser elixidos de novo indefinidamente.

Os cargos de membros do organismo de goberno serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados que a realización da súa función lles ocasione, sen que as cantidades percibidas por este concepto poidan exceder dos límites previstos na normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para ser consideradas dietas exceptuadas de gravame.

As persoas que ostenten cargos da Xunta Directiva poderán percibir retribucións por tarefas profesionais diferentes ás propias do seu cargo, sempre que sexa posible o seu financiamento por fondos que non teñan a consideración de públicos nin sexan subvencións. A retribución fixarase en función dos parámetros normais de relación laboral dentro da entidade (convenio colectivo de aplicación, categoría profesional, retribución, xornada e demais características de calquera relación laboral).

Os membros da Xunta Directiva que esgoten o prazo para o cal foron elixidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que lles substitúan.

Sección segunda: Das competencias da Xunta Directiva

Artigo 29.- Corresponden á Xunta Directiva as seguintes competencias:

  1.  Ostentar a representación da Asociación e establecer as relacións con entidades privadas e organismos públicos que se consideren de interese para a Asociación.
  2.  Cumprir e facer cumprir os Estatutos e o Regulamento, así como os acordos da Asemblea Xeral ou os adoptados pola propia Xunta Directiva.
  3.  Convocar e fixar a Orde do Día das Asembleas Xerais conforme ao que indique o Regulamento de Réxime Interior.
  4.  Administrar e controlar o bo fin das dispoñibilidades económicas da Asociación así como organizar os servizos e xestións que crea apropiadas para a obtención destes fins.
  5.  Nomear e cesar ao persoal que sexa preciso para atender aos servizos e obxectivos da Asociación, indicando as súas funcións ou cometidos, xornada de traballo, así como a súa retribución.
  6.  Instaurar grupos de traballo para conseguir da maneira máis eficaz os obxectivos da Asociación e autorizar as actividades que estes grupos proxecten.
  7.  Redactar propostas de modificación de Estatutos e do Regulamento de Réxime Interior para sometelas á aprobación da Asemblea Xeral.
  8.  Interpretar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interior, procurando a súa adecuada aplicación.
  9.  Preparar o programa de actividades da Asociación para sometelo a votación da Asemblea Xeral co correspondente orzamento económico do custo do programa.
  10.  Organizar e desenvolver as actividades programadas.
  11.  Redactar o Informe de Xestión e as Contas Anuais que deberán presentarse na Asemblea Xeral para a súa aprobación.
  12.  Propoñer á Asemblea Xeral as cotas a pagar polos membros integrantes da Asociación.
  13.  Declarar a perda da condición de membro da Asociación.
  14.  Aprobar, en caso de necesidade, cotas suplementarias a pagar polos membros titulares da Asociación.
  15.  Atender as propostas e suxestións formuladas polos/as socios/as, adoptando sempre as medidas necesarias.
  16.  Calquera outra non atribuída expresamente á Asemblea Xeral.

 

Sección terceira: Da elección e cese de cargos

Artigo 30.- Nas eleccións a cargos da Xunta Directiva teñen lexitimación activa tódos os membros titulares de pleno dereito da Asociación e pasiva só os/as socios/as familiares.

Os cargos da Xunta directiva son electivos e o procedemento de elección desenvolverase como se estableza de maneira regulada.

Artigo 31.- Todo membro da Xunta Directiva poderá cesar do seu cargo (con anterioridade a extinguirse o seu término estatutario) polos seguintes motivos:

  1.  Por dimisión voluntaria presentada por escrito ante a Xunta Directiva.
  2.  Por enfermidade que lle incapacite para exercer o seu cargo.
  3.  Por destitución acordada pola Asemblea Xeral.
  4.  Por causar baixa como membro da Asociación.

Sección cuarta: Da composición da Xunta Directiva

Artigo 32.- Para ser membro da Xunta Directiva requírese a condición de socio/a familiar.

Artigo 33.- A determinación dos cargos da Xunta Directiva levarase a efecto pola Asemblea Xeral.

Sección quinta: Das competencias dos membros da Xunta Directiva

 Artigo 34.- O/a Presidente/a da Xunta Directiva ou, no seu caso, o/a Vicepresidente/a, ostentará a representación legal da Asociación, actuará no seu nome.

Ademais, terá as seguintes funcións:

  1.  Convocar e presidir as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva. Romperá co seu voto de calidade os empates que se produzan tanto en Asemblea como en Xunta.
  2.  Elaborar a Orde do Día das reunións da Xunta Directiva.
  3.  Dirixir os debates abrindo, pechando e suspendendo sesións.
  4.  Dirixir e representar legalmente á Asociación fronte a terceiros.
  5.  Visar as certificacións expedidas polo/a Secretario/a e calquera clase de libramento, así como dar o aprobado aos documentos que expidan os membros da Xunta Directiva ou que saian da Asemblea Xeral.
  6.  Delegar facultades nos restantes membros da Xunta.
  7.  Ordenar os pagamentos acordados pola Xunta Directiva.
  8.  Resolver as cuestións de carácter urxente, informando á Xunta Directiva na primeira reunión que se celebre.

Artigo 35.-  O/a Vicepresidente/a substitúe ao Presidente/a en tódas as súas funcións en caso de vacante, ausencia, enfermidade, imposibilidade ou delegación.

Artigo 36.- O/a Secretario/a terá como funcións as seguintes:

  1.  Convocar en nome do/a Presidente/a á Asemblea Xeral ou á Xunta Directiva e levantar as actas correspondentes.
  2.  Expedir as certificacións que sexan precisas.
  3.  Custodiar toda a documentación, especialmente a de obrigado cumprimento legal.
  4.  Levar o libro de rexistro de socios.
  5.  Asistir a todas as reunións convocadas.

Artigo 37.- O/a Tesoureiro/a encargarase da administración e da vixilancia da totalidade do patrimonio da Asociación ademais de:

  1.  Autorizar coa súa firma e a coa do/a Presidente/a todos os documentos que motiven movementos de fondos e comprobar o rexistro contable de todas as operacións de ingresos e pagos, así como as situacións de acredores e debedores.
  2.  Elaborar o Orzamento Anual, controlando periodicamente a súa evolución, así como a súa liquidación anual, que se someterá á aprobación da Xunta Directiva e, posteriormente, da Asemblea Xeral.
  3.  Informar cantas veces sexa precisado pola Xunta Directiva da evolución da tesourería dispoñible, así como da previsión dos ingresos e gastos e das subvencións.
  4.  Formular as contas anuais, que consistirán no balance de situación patrimonial, conta de perdas e beneficios e a memoria financeira, que a Xunta Directiva haberá de presentar á Asemblea Xeral para a súa aprobación.
  5.  Ostentar a responsabilidade do arquivo de toda a documentación contable e control dos libros obrigatorios.
  6.  Custodiar e controlar os recursos da Asociación.
  7.  Organizar o servizo de cobranza de cotas.
  8.  Manter a Asociación ao corrente das súas obrigacións fiscais.
  9.  Asistir a todas as reunións que convoque a Xunta Directiva.

Artigo 38.- Os/as vogais terán as seguintes competencias:

  1.  Asesorar e apoiar a outros cargos da Xunta Directiva en todo o que sexa preciso.
  2.  Formar parte das comisións que se poidan crear.
  3.  Emitir o seu voto para a resolución daqueles asuntos que se sometan a el.
  4.  Asistir a todas as reunións que convoque a Xunta Directiva.

Sección sexta: Das sesións e acordos da Xunta Directiva

Artigo 39.- A Xunta Directiva reunirase, con carácter ordinario, unha vez ao ano e, con carácter extraordinario, cando a convoque o/a Presidente/a ou sexa solicitada por escrito polo menos por un terzo dos seus membros.

Artigo 40.- A Xunta Directiva celebrará sesión e adoptará acordos válidos sempre que concorran, presentes ou representados, a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria. En segunda convocatoria, será válida a sesión sexa cal sexa o número de membros presentes ou representados. Esta segunda convocatoria poderá celebrarse na mesma data na que se convocou a primeira, transcorridos trinta minutos dende a hora sinalada para esta.

Artigo 41.- A Xunta Directiva adoptará acordos por maioría simple dos votos asistentes e delegados.

Artigo 42.- O/a Presidente/a, ou quen faga o seu labor, realizará as convocatorias mediante carta aos seus membros. Poderá realizarse sesión da Xunta Directiva sen necesidade de previa convocatoria se estivesen reunidos na súa totalidade os membros, se así se decide por unanimidade.

Artigo 43.- Os membros compoñentes da Xunta Directiva poderán concorrer ás súas sesións por medio de representación delegada en noutros membros da Xunta Directiva.

Artigo 44.- A cada membro asistente ou representado corresponderalle un voto.

 

TÍTULO III.- DO RÉXIME ECONÓMICO E LABORAL

CAPÍTULO I.- DOS RECURSOS ECONÓMICOS

Artigo 45.- O patrimonio fundacional da Asociación é inexistente.

Artigo 46.- Os recursos económicos nutriranse das cotas dos membros, das achegas voluntarias particulares, das subvencións, do cobro de servizos, das doazóns, herdanzas e legados e de calquera outro ingreso atípico.

Artigo 47.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará unha cota obrigatoria por cada un dos membros da Asociación.

Tal cota terá coma fin a satisfacción dos gastos precisos para o desenvolvemento das funcións da Asociación.

Artigo 48.- Transcorridos tres meses dende a fin do ano natural, a Xunta Directiva estará obrigada a:

  1. Proceder ao peche das contas anuais, as cales comprenden: balance, conta de perdas e beneficios e a memoria financeira.
  2. Elaborar o orzamento do exercicio seguinte.
  3.  O peche do exercicio farase efectivo a 31 de decembro do ano en curso.

Artigo 49.- Os referidos documentos someteranse á Asemblea Xeral para a súa aprobación.

 

CAPÍTULO II.- DO PERSOAL LABORAL

Artigo 50.- A Asociación poderá dotarse do persoal preciso e competente para o bo funcionamento e realización dos fins da propia Asociación.

Artigo 51.- A Xunta Directiva terá a facultade de contratar a dito persoal en réxime de arrendamento de servizos ou mediante contratación laboral, segundo o caso.

 

TÍTULO IV.- DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

 CAPÍTULO I.- DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS

Artigo 52.- Calquera membro pode propoñerlle á Xunta Directiva a modificación dos presentes estatutos. Tamén poderán facelo os integrantes de dito organismo directivo.

Unha vez formuladas as citadas propostas, a Xunta Directiva procederá a aprobar por maioría o borrador de modificación para que se someta á Asemblea Xeral.

Artigo 53.- Para a súa aprobación, precisarase o consentimento de dous terzos dos asistentes presentes ou representados, tanto en primeira como en segunda convocatoria de dita Asemblea Xeral Extraordinaria.

 

CAPÍTULO II.- DA DISOLUCIÓN

Artigo 54.- A Asociación disolverase polas causas establecidas na lexislación vixente aplicable. Tamén poderá disolverse a proposta da Xunta Directiva, por acordo da Asemblea convocada a tal efecto con carácter extraordinario, adoptando o acordo cos mesmos requisitos que os acordos de modificación estatutaria.

Artigo 55.- No caso de disolución, a Asemblea Xeral nomeará unha Comisión Liquidadora que procederá á realización do patrimonio da Asociación. Esta Comisión Liquidadora poderá ser a última Xunta Directiva, previa ratificación da Asemblea.

Artigo 56.- Unha vez cumprido o pago das obrigas pendentes, o patrimonio resultante en caso de disolución destinarase na súa totalidade a algunha das entidades consideradas como entidades beneficiarias do mecenado aos efectos previstos nos artigos 16 a 25, ambos inclusive, da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e que estean adicados a persoas con discapacidade intelectual e a realización de fins de interese xeral análogos aos da presente Asociación.

DILIXENCIA para facer constar:

Que os presentes estatutos da Asociación de Familiares de Enfermos e outras Demencias de Galicia (AFAGA) de Vigo (Pontevedra) quedan redactados incluíndo as modificacións acordadas na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada en data 23 de maio de 2012.

En Vigo, a 10 de maio de 2013

A secretaria                                             O presidente

Aida Iglesias                                            Juan Carlos Rodríguez Bernárdez