Que é Afaga Alzheimer
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de alzhéimer ou outras demencias e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.
Misión, Visión e Valores
Misión
“A defensa dos dereitos das persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa e dos seus familiares, prestando servizos especializados e de prevención, así como desenvolvendo actividades de *sensibilización social”.
*Enténdese que a sensibilización abarca a formación, a investigación, as charlas, etcetera. Dentro da prevención inclúese a atención de persoas sen alzhéimer.
Visión
“Ser unha entidade profesional e independente que pretende ser un referente autonómico pola súa especialización, innovación e investigación”.
Principios e Valores
Os principios e valores de Afaga Alzheimer son os que a continuación se enumeran:
- Independencia
- Eficiencia
- Transparencia
- Solidariedade
- Xustiza social
- Respecto á dignidade
- Responsabilidade social
- Equidade social