Preguntas frecuentes sobre demencias
As demencias neurodexenerativas son trastornos progresivos do cerebro que causan a perda gradual de funcións cognitivas, como a memoria, o razonamento e a linguaxe. Estas enfermidades inclúen o Alzheimer, a demencia por Corpos de Lewy e a demencia frontotemporal, entre outras.
Demencia e alzhéimer son dous conceptos que adoitan xerar certa confusión, sendo moi habitual que se utilicen como sinónimos e, aínda que xeralmente están moi ligados, non son exactamente o mesmo. A demencia é toda perda progresiva e irreversible das capacidades cognitivas, motoras, sociais… se ben dita perda pode ser provocada por gran variedade de causas, tantas como tipos de demencia existen. O tipo de demencia máis común é o alzhéimer (de aí a confusión co termo de demencia), pero existen outros tipos como a demencia por Corpos de Lewy, Frontotemporal ou Vascular, que sendo demencias non teñen relación co alzhéimer. Por iso, pódese ter demencia e non ter alzhéimer, pero non se pode ter alzhéimer e non ter demencia.
A pesar de que, dende a primeira descrición da enfermidade, progresouse moito no coñecemento dos cambios cerebrais que se producen nas demencias, actualmente aínda se descoñece o que as provoca. Con todo, cada vez é máis firme a crenza de que non hai unha causa única, se non que é a consecuencia da suma de distintos factores de risco.
Actualmente, segue sen haber un tratamento que frene ou modifique a evolución da enfermidade. Pero que unha enfermidade non teña cura non quere dicir que non teña tratamento. En tódalas demencias existen medicamentos que axudan a paliar os síntomas, contribuíndo a unha mellor calidade de vida das persoas enfermas e dos seus coidadores. Por iso é importante o coñecemento do diagnóstico, así como manter ben informado ó especialista de referencia para que este poida pautar e axustar distintos fármacos e a súa dosificación.
Ahora ben, os coidadores son a “medicina” máis importante que teñen as persoas que sofren esta enfermidade. Por iso, é fundamental que dispoñan de recursos de axuda que faciliten a súa tarefa e que promovan o seu benestar, xa que terá unha repercusión directa na calidade do cuidado.
É habitual que a familia dubide dos beneficios e prexuízos de comunicar o diagnóstico á persoa con demencia. Ante esta cuestión, non existe unha única resposta, xa que cada caso é diferente. A familia debe valorar se o estado psíquico da persoa aínda lle permite recibir ou comprender dita información. Pode ser de gran utilidade averiguar o que sabe sobre a súa enfermidade e o que quere saber. Se a persoa aínda conserva capacidade de raciocinio suficiente, sabelo daralle a posibilidade de planificar o seu futuro e tomar decisións con respecto ó seu cuidado.
A maioría das demencias non son hereditarias, aínda que existen xenes que confiren unha maior probabilidade de padecer a enfermidade, en ningún caso son determinantes. Hai outras variables, relacionadas co estilo de vida, que tieñen un efecto modulador na súa expresión.
Non se pode previr por completo o desarrollo de demencias neurodexenerativas, pero obsérvase que levar un estilo de vida saudable pode reducir o risco. isto inclúe manter unha dieta equilibrada, facer exercicio regularmente, manter unha vida social activa, estimular o cerebro con actividades cognitivamente desafiantes e controlar os factores de risco vascular, como a presión arterial alta e a diabetes.
Sí, existen factores de risco coñecidos, como a idade avanzada, antecedentes familiares de demencia, presenza do xen APOE e historial de lesións cerebrais traumáticas. Ademáis, factores de estilo de vida, como a falta de actividade física, a mala alimentación e o tabaquismo, tamén poden aumentar o risco.